As Meninas (Picasso)
Aparencia
As Meninas | |
---|---|
Artista | Pablo Picasso |
Data | 1957 |
Técnica | Pintura ó óleo |
Dimensións | 194 cm × 260 cm |
Localización | Museo Picasso (Barcelona) |
As Meninas é unha serie de 58 cadros que Pablo Picasso pintou en 1957 facendo unha análise polo miúdo, reinterpretando e recreando varias veces As Meninas de Diego Velázquez. A suite consérvase na súa totalidade no Museo Picasso de Barcelona,[1] sendo a única serie completa do artista que se conserva xunta. Trátase dun estudo de obra moi extenso, que consta de 45 interpretacións, 9 escenes dun pombeiro, 3 paisaxes e 1 Retrato de Jacqueline.[2]
O propio Picasso concibía a serie toda coma un conxunto, e como tal doouna ó museo barcelonés en maio de 1968, en lembranza de Jaume Sabartés, morto ese mesmo ano. É famosa a frase de Picasso dita a Sabartés en 1950:[3]
Se alguén se puxer a copiar As Meninas, totalmente con boa fe, ao chegar a certo punto e se o que as copiar for eu, diría: E se puxer esta un pouquiño máis á dereita ou á esquerda? Eu probaría a facelo á miña maneira, esquecéndome de Velázquez.Picasso, 1950
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Museo Picasso (ed.). "Fitxa de l'obra al web del museu" (PDF). Consultado o 2 de maio de 2011.
- ↑ Brown 1996, p. 137.
- ↑ A frase foi dita durante unha conversa sobre arte e foi recollida no libre L'Atelier de Picasso, publicado en 1952