Saltar ao contido

Branca de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBranca de Castela

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Blanca de Castilla Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1188 Editar o valor en Wikidata
Palencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1252 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Melun, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Maubuisson Editar o valor en Wikidata
Raíña consorte de Francia
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente, compositora Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfanta de Castela
Raíña consorte de Francia Editar o valor en Wikidata
FamiliaAnscáridas e Casa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLois VIII de Francia (1200 (Gregoriano), 1200 (Gregoriano)–1226 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosFilipe de Francia, Lois IX de Francia, Roberto I de Artois, Filipe de Francia, Xoán de Anjou e Maine, Afonso de Poitiers, Filipe de Francia, Sabela de Francia e Castela, Carlos de Anjou Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso VIII de Castela Editar o valor en Wikidata  e Lionor Plantagenet Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique I de Castela
Berenguela de Castela
Orraca de Castela
Lionor de Castela
Sancho de Castela
Sancha de Castela
Fernando de Castela
Mafalda de Castela
Costanza de Castela Editar o valor en Wikidata
ParentesAliénor de Aquitania, avoa Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Blanche of Castile Editar o valor en Wikidata
BNE: XX858233 Musicbrainz: bf0fb4a2-b51c-43b5-a0e0-5ba0d2ac002c WikiTree: Castilla-110 Find a Grave: 18883572 Editar o valor en Wikidata

Branca de Castela, nada en Palencia o 4 de marzo de 1188 e finada en Melun en 1252, foi unha infanta de Castela e raíña consorte de Francia polo seu matrimonio co rei Lois VIII. Foi nai do rei Lois IX, quen foi canonizado.

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Branca foi filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Lionor de Plantagenet. Os seus avós paternos foron os reis Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Navarra e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a súa esposa Aliénor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela, nai de Fernando III de Castela, rei de Castela e León.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Palencia en 1188 foi aleitada por unha ama de cría proveniente do lugar de La Serna chamada Sancha López, a cal foi recompensada xunto ao seu marido Martín García con boas terras de labranza segundo o privilexio no cartulario do mosteiro de Santa María de la Vega. Afonso VIII confiou a Pedro Rodríguez de Castro e á súa muller Urraca Rodríguez de Guzmán a crianza da infanta Branca na súa casa de Itero de la Vega, puerula infantissa Domina Branca, nutriente in domo Petri roderici de Castro.[2] Na súa mocidade visitou varias veces a abadía de Santa María la Real de Las Huelgas,[3] fundada polos seus pais.[4]

Como consecuencia do tratado de Le Goulet, Filipe II Augusto de Francia e Xoán I de Inglaterra acordaron que o herdeiro ao trono de Francia, o futuro Lois VIII, casase cunha infanta de Castela. Os embaixadores de ambos os reinos en 1199 levaron a cabo as negociacións para o matrimonio e en 1200, a xa anciá Aliénor de Aquitania, desprazouse a Castela, onde reinaba a súa filla Lionor, para coñecer as súas netas e decidir cal sería a futura «raíña da Flor de Lis».[5] A intención orixinal era levar como prometida do príncipe Lois a entón filla máis vella solteira dos reis de Castela, Urraca, pero ao final Lionor escolleu a súa segunda neta Branca, xa que ao seu parecer, esta infanta encaixaría mellor na corte de Francia. Con apenas doce anos a infanta Branca despediuse dos seus pais e irmáns e emprendeu viaxe coa súa avoa cara a Francia e pouco despois, o 22 de maio de 1200 celebrouse a voda co herdeiro da coroa.[5][3]

Ao morrer Filipe, o 14 de xullo de 1223, ocupou o trono o marido de Branca co nome de Lois VIII. Aos tres anos, Lois morreu de disentería á volta dunha campaña militar pola que pretendía recuperar o Mediodía para Francia.

Branca foi unha eficaz conselleira do seu marido. Nai de varios fillos, o segundo dos sobreviventes, Lois, foi proclamado rei á morte do seu pai, contando soamente doce anos de idade, en 1226. Branca foi nomeada rexente, enfrontándose aos problemas perentorios do seu tempo, como as pugnas con Inglaterra, o conflito cos cátaros e as presións da nobreza.

En 1236, doou as súas propiedades en Pontoise así como outras terras para a edificación dun mosteiro que fundou en 1242 co nome de Notre-Dame-la-Royale en honra á Virxe María, aínda que o nome que prevaleceu foi o de abadía de Maubuisson.[6][7]

En 1248, Branca volveu ser rexente durante a ausencia de Lois IX pola cruzada, proxecto ao que ela se opuxo fortemente. Nos desastres que seguiron, mantivo a paz, mentres baleiraba o país de homes e diñeiro para axudar o seu fillo en Oriente. Caeu enferma en Melun en novembro de 1252 e foi levada a París, mais viviu só uns poucos días.[8] Recibiu sepultura na abadía de Maubisson.[7] Lois soubo da súa morte a primavera seguinte e disque non falou con ninguén durante os dous días seguintes.[9][5]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]
Abadía de Maubuisson

Froito do seu matrimonio co rei Lois VIII de Francia naceron:

  • Felipe (1209-1218), príncipe herdeiro
  • Lois (1214-1270), quen sucedeu ao seu pai no trono.
  • Roberto (1216-1250), conde de Artois
  • Xoán (1219-1232)
  • Afonso (1220-1271), conde de Poitiers e de Tolosa.
  • Felipe Dagoberto (1222-1232)
  • Isabel (1225-1269)
  • Etienne (nada e morta en 1226)
  • Carlos (1227-1285), conde de Anjou e Maine e rei de Sicilia e de Nápoles.

Ascendencia

[editar | editar a fonte]
  1. Martínez Díez 2007, pp. 46-53.
  2. Salcedo Tapia 1992, p. 514-515.
  3. 3,0 3,1 Wheeler & Parsons 2002, p. 192-193.
  4. Shadis 2010, p. 40-41.
  5. 5,0 5,1 5,2 Martínez Díez 2007, p. 49.
  6. Michel 1907, pp. 448–449.
  7. 7,0 7,1 Klaniczay 2002, p. 236.
  8. Véxase ademais:
    • Élie Berger, "Histoire de Blanche de Castille, reine de France", en Bibliothèque des écoles françaises d'Athènes et de Rome, vol lxx. (París, 1895)
    • Le Nain de Tillemont, "Vie de Saint Louis", ed. por J. de Gaulle para Société de l'histoire de France (6 vols., 1847-1851)
    • Paulin Paris, "Nouvelles recherches sur les mœurs de la reine Blanche et de Thibaud", en Cabinet historique (1858).
  9. Bradbury 2007, p. 213.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]