Cúmulo de Virgo
Aparencia
O Cúmulo de Virgo é unha aglomeración de galaxias distante aproximadamente 59 ± 4 millóns de anos luz na constelación de Virgo, comprende unhas 2000 galaxias. Foi descuberto en 1781 polo astrónomo francés Chales Messier, sen saber que era un conxunto de galaxias e, por tanto, de obxectos exteriores á Vía Láctea.
O cúmulo domínano tres grandes galaxias: M87, M86 e M49. Globalmente o cúmulo ten forma alongada, e está no centro do Supercúmulo de Virgo.