Gayatri Chakravorty Spivak
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1942 (82 anos) Calcuta (Raj Británico) |
Educación | Universidade de Calcuta Lady Brabourne College (en) Girton College Universidade Cornell Universidade de Iowa St. John's Diocesan Girls' Higher Secondary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora, profesora universitaria, filósofa, crítica literaria |
Empregador | Universidade da Califórnia em Irvine (pt) (2002–2018) Universidade Columbia (1991–) Universidade de Pittsburgh (pt) (1986–1991) Universidade Emory (1984–1986) Universidade de Texas en Austin, profesora (1978–1984) Universidade de Iowa, professor associado (pt) (1970–1974) Universidade de Iowa, profesora asistente (1966–1970) Universidade Columbia |
Membro de | |
Influencias | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Gender Glossar (pt) >>>:Gayatri Chakravorty Spivak, |
Gayatri Chakravorty Spivak, nada en Calcuta o 24 de febreiro de 1942, é unha pensadora, teórica literaria e feminista crítica india.[1] experta en crítica literaria e en teoría da literatura, autora dun texto fundamental na corrente poscolonialista, "Poden falar os subalternos?", así como dunha famosa tradución ó inglés do libro De la grammatologie, do teórico deconstrutivista Jacques Derrida. É profesora na Universidade de Columbia,[2] nos Estados Unidos, e unha asidua conferenciante en todo o mundo.
Estudos universitarios
[editar | editar a fonte]Graduouse con mención especial en inglés pola Universidade de Calcuta en 1959, despois do cal completou un mestrado na Universidade Cornell, nos Estados Unidos. Acabou a súa tese de doutoramento mentres exercía de profesora na Universidade de Iowa, cunha disertación sobre o poeta irlandés William Butler Yeats dirixida por Paul de Man.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Spivak, Gayatri." Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica, 2014.
- ↑ "Gayatri Chakravorty Spivak". Department of English and Comparative Literature. Columbia University in the City of New York. Consultado o 22 de marzo de 2016.