Saltar ao contido

Gaivota cana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Larus canus canus

A gaivota cana[2] (Larus canus) é unha ave da familia dos láridos.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha gaivota pequena que cría en colonias ou soa, en costas, illas e lagoas do interior[3]. É escasa en cidades. Ollo completamente negro e peteiro amarelo. Os xuvenís tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Morfoloxicamente machos e femias son completamente iguais. A súa alimentación é variada: peixes, insectos, ratos, calaza e restos orgánicos dos vertedoiros[4].

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A reprodución realízase entre os meses de abril e xullo. A posta adoita consistir en 3 ovos que son son chocados ó longo duns 28 días. Os xuvenís voan ás 4 ou 5 semanas. Niño no chan[4].

Distribución

[editar | editar a fonte]

Permanente durante todo o ano nas costas do mar do Norte e do mar Báltico[3]. Tamén cría en Escandinavia e na zona norte de Rusia[3]. Inverna no sur das illas británicas, Francia e na costa ibérica. En Galiza é visitante invernal habitual, estando presente en todo o litoral galego[2]. No resto de Europa só é visible durante o paso migratorio.

Ríos Panisse recolleu para esta ave o nome de papuxa, en Viveiro, aínda que advirte que é unha identificación dubidosa [5].

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Hai catro subespecies, dúas das cales son consideradas especies distintas por algunhas autoridades:[6][7]

  • L. c. canusLinnaeus, 1758. É a subespecie nomeada, que se encontra en Europa e oeste de Asia. Pequena; co manto gris de ton medio (é a subespecie máis clara); puntas das ás con moito branco; iris escuro. Envergadura alar de 110 a 125 cm; peso de 290 a 480 g.
  • L. c. heineiHomeyer, 1853. Encóntrase no norte de Asia. De mediano tamaño; manto gris escuro (é a subespecie máis escura); puntas das ás con moito negro; iris escuro. Peso de 315 a 550 g.
  • L. c. kamtschatschensisBonaparte, 1857; syn. L. kamtschatschensis. Encóntrase no nordeste de Asia. Grande; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás con moito negro; iris claro. Pesode 394 a 586 g.
  • L. c. brachyrhynchusRichardson, 1831; syn. L. brachyrhynchus. Encóntrase en Alasca e occidente do Canadá. Pequena; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás cun pouco de negro e moito branco; iris claro. Envergadura alar de 96 a 102 cm; peso de 320 a 550 g.
  1. BirdLife International (2015). "Larus canus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694308A85045850. Consultado o 1 de maio do 2016. 
  2. 2,0 2,1 Sociedade Galega de Ornitoloxía (2011). XIII Anuario das aves de Galicia 2005. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  4. 4,0 4,1 Nicolai/Singer/Wothe (1991). Everest, ed. Gran Guía de la Naturaleza: Aves. ISBN 84-241-2661-0. 
  5. M. do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago, 1983, Verba anexo 19.
  6. del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J., eds. (1998). Handbook of the Birds of the World. 3. Barcelona: Lynx Edicions. p. 621. ISBN 84-87334-20-2.
  7. Olsen, K.M.; Larsson, H. (2004). Gulls of Europe, Asia and North America. Helm. ISBN 0-7136-7087-8.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.