Gaivota cana
Gaivota cana | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Larus canus Linnaeus, 1758 |
A gaivota cana[2] (Larus canus) é unha ave da familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]É unha gaivota pequena que cría en colonias ou soa, en costas, illas e lagoas do interior[3]. É escasa en cidades. Ollo completamente negro e peteiro amarelo. Os xuvenís tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Morfoloxicamente machos e femias son completamente iguais. A súa alimentación é variada: peixes, insectos, ratos, calaza e restos orgánicos dos vertedoiros[4].
Reprodución
[editar | editar a fonte]A reprodución realízase entre os meses de abril e xullo. A posta adoita consistir en 3 ovos que son son chocados ó longo duns 28 días. Os xuvenís voan ás 4 ou 5 semanas. Niño no chan[4].
Distribución
[editar | editar a fonte]Permanente durante todo o ano nas costas do mar do Norte e do mar Báltico[3]. Tamén cría en Escandinavia e na zona norte de Rusia[3]. Inverna no sur das illas británicas, Francia e na costa ibérica. En Galiza é visitante invernal habitual, estando presente en todo o litoral galego[2]. No resto de Europa só é visible durante o paso migratorio.
Ríos Panisse recolleu para esta ave o nome de papuxa, en Viveiro, aínda que advirte que é unha identificación dubidosa [5].
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Hai catro subespecies, dúas das cales son consideradas especies distintas por algunhas autoridades:[6][7]
- L. c. canus – Linnaeus, 1758. É a subespecie nomeada, que se encontra en Europa e oeste de Asia. Pequena; co manto gris de ton medio (é a subespecie máis clara); puntas das ás con moito branco; iris escuro. Envergadura alar de 110 a 125 cm; peso de 290 a 480 g.
- L. c. heinei – Homeyer, 1853. Encóntrase no norte de Asia. De mediano tamaño; manto gris escuro (é a subespecie máis escura); puntas das ás con moito negro; iris escuro. Peso de 315 a 550 g.
- L. c. kamtschatschensis – Bonaparte, 1857; syn. L. kamtschatschensis. Encóntrase no nordeste de Asia. Grande; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás con moito negro; iris claro. Pesode 394 a 586 g.
- L. c. brachyrhynchus – Richardson, 1831; syn. L. brachyrhynchus. Encóntrase en Alasca e occidente do Canadá. Pequena; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás cun pouco de negro e moito branco; iris claro. Envergadura alar de 96 a 102 cm; peso de 320 a 550 g.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2015). "Larus canus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T22694308A85045850. Consultado o 1 de maio do 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Sociedade Galega de Ornitoloxía (2011). XIII Anuario das aves de Galicia 2005.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
- ↑ 4,0 4,1 Nicolai/Singer/Wothe (1991). Everest, ed. Gran Guía de la Naturaleza: Aves. ISBN 84-241-2661-0.
- ↑ M. do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago, 1983, Verba anexo 19.
- ↑ del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J., eds. (1998). Handbook of the Birds of the World. 3. Barcelona: Lynx Edicions. p. 621. ISBN 84-87334-20-2.
- ↑ Olsen, K.M.; Larsson, H. (2004). Gulls of Europe, Asia and North America. Helm. ISBN 0-7136-7087-8.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |