Gran Premio de Bélxica de 1967
Nome oficial | XIII Grote Prijs Van Belgie |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1967 |
Distancia do evento | 28 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 18 de xuño de 1967 |
Competición | |
Primeiro posto | Dan Gurney |
Pole position | Jim Clark |
Volta máis rápida | Dan Gurney |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1967 disputouse en Spa-Francorchamps o 18 de xuño de 1967. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1967.[1] A carreira foi o 27 Gran Premio de Bélxica. A carreira levouse a cabo sobre 28 voltas ao circuíto de catorce quilómetros cunha distancia de carreira de 395 quilómetros.
Informe da carreira
[editar | editar a fonte]Jim Clark liderou desde a pole position e mantivo esa posición durante as primeiras 11 voltas avantaxaba en 20 segundos a Jackie Stewart e Dan Gurney cando tivo que entrar en boxes para cambiar unha buxía, o que lle custou dous minutos. Stewart acadou unha cómoda vantaxe, aumentou aínda máis cando Gurney tivo que entrar en boxes con problemas de presión de combustible, perdendo outros 20 segundos. Pero, nun momento a panca de cambios de Stewart fallou. Gurney estableceu un novo récord de volta para collelo e pasalo a 8 voltas do final e obter unha primeira vitoria para a marca Eagle. O baixo peso e a aerodinámica avanzadas do automóbil fixérono moi rápido, Tony Brooks superou o récord do Gran Premio, cunha media de 230 quilómetros por hora (establecido uns 8 anos antes) no seu camiño cara á vitoria. O Eagle alcanzou os 196 quilómetros por hora na recta, unha extraordinaria velocidade para un coche cun motor de algo menos de 400 cabalos de forza .
Mike Parkes tivo un terrible accidente na primeira volta á saída de Blanchimont logo de perder o control (pola gasolina derramada polo BRM de Stewart) e rompeuse as dúas pernas. Nunca máis volveu a correr na Fórmula Un.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 36 | Dan Gurney | Eagle-Weslake | 28 | 1:40:49.4 | 2 | 9 |
2 | 14 | Jackie Stewart | BRM | 28 | + 1:03.0 | 6 | 6 |
3 | 1 | Chris Amon | Ferrari | 28 | + 1:40.0 | 5 | 4 |
4 | 29 | Jochen Rindt | Cooper-Maserati | 28 | + 2:13.9 | 4 | 3 |
5 | 12 | Mike Spence | BRM | 27 | + 1 volta | 11 | 2 |
6 | 21 | Jim Clark | Lotus-Ford | 27 | + 1 volta | 1 | 1 |
7 | 34 | Jo Siffert | Cooper-Maserati | 27 | + 1 volta | 16 | |
8 | 19 | Bob Anderson | Brabham-Climax | 26 | + 2 voltas | 17 | |
9 | 30 | Pedro Rodríguez | Cooper-Maserati | 25 | Motor | 13 | |
10 | 32 | Guy Ligier | Cooper-Maserati | 25 | + 3 voltas | 18 | |
NC | 2 | Ludovico Scarfiotti | Ferrari | 24 | Non clasificado | 9 | |
Ret | 25 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 15 | Motor | 7 | |
Ret | 26 | Denny Hulme | Brabham-Repco | 14 | Motor | 14 | |
Ret | 39 | Jo Bonnier | Cooper-Maserati | 10 | Motor | 12 | |
Ret | 22 | Graham Hill | Lotus-Ford | 3 | Embrague | 3 | |
Ret | 7 | John Surtees | Honda | 1 | Motor | 10 | |
Ret | 17 | Chris Irwin | BRM | 1 | Motor | 15 | |
Ret | 3 | Mike Parkes | Ferrari | 0 | Accidente | 8 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 2008-01-16.
- Única vitoria de Eagle na Fórmula 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1967 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1967 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1967 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1967 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1966 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1968 |