Edafón
En ecoloxía e pedoloxía (estudo dos solos) chámase edafón,[1][2] ou, máis correcto etimoloxicamente, édafon,[3] á biota específica do solo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra aplica ao solo (en grego antigo ἔδαφος, édafos, 'solo', 'pavimento') o modelo seguido coa palabra plancton.
Composición e características
[editar | editar a fonte]A parte fundamental do édafon consiste en microorganismos procarióticos, fungos e pequenos animais. Como se pode ver no gráfico adxunto, o 80 % do édafon está formado por bacterias e algas e fungos, a partes iguais.
Pola súa actividade biolóxica o solo alcanza moitos dos trazos da súa composición e incluso da súa estrutura; e pola actividade metabólica do édafon o solo é a sede de procesos fundamentais para os ciclos dos elementos, que os mantén a disposición da vida.
É posíbel diferenciar entre a edafoflora, formada polos compoñentes vexetales do édafon, e unha edafofauna, formada polos organismos animais. Tal distinción é útil na medida en que o é a distinción entre vexetais e animais, amplamente superada no estudo da diversidade biolóxica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ edafón s m. ECOL Flora e fauna que é propia do solo. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ EDAFÓN sm Agrupación de organismos que efectúan a súa evolución completa no solo. No Gran dicionario Xerais da lingua. 1º volume. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-071-1.
- ↑ Cf. portugués, édafon; catalán, èdafon; italiano, edafon (a pronuncia é /édafon/).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bachelier G. (1978): La faune du sol, son écologie et son action, IDT N°38. ORSTOM, París.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |