Concello de Habo
Habo kommun (sv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Jönköping | ||||
Capital | Habo (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.424 (2024) (29,04 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 462,24 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Páxina web | habokommun.se | ||||
Habo é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping.[1] A súa capital é Habo. No ano 2022 a poboación do concello era de 12 876 habitantes.[2]
A paisaxe do concello caracterízase por grandes depósitos de area e grava. No suroeste atópase a área de Stråkensjö e no norte hai unha paisaxe cambiante con cristas, outeiros, chairas e profundos kettles. Habo é un municipio onde a industria manufactureira e a administración pública dominan a economía local.
Dende a fundación co concello a tendencia da poboación vén sendo positiva, duplicándose o número de habitantes dende a fundación ata o ano 2015.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do municipio correspóndese á das parroquias de Brandstorp, Gustav Adolf e Habo. Nesa parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.
Coa reforma municipal de 1952 o concello de Gustav Adolf incluíuse no de Habo e o de Brandstorp no entón fundado concello rural de Fågelås.
O municipio de Habo fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da reorganización do concello rural de Habo. En 1974 incorporouse parte do municipio de Fågelås (Brandstorp).[3]
Antes da formación do condado de Västra Götaland o 1 de xaneiro de 1998, o concello foi transferido, ao igual que o veciño municipio de Mullsjö, do condado de Skaraborg ao de Jönköping despois de que os residentes votaran a favor nun referendo consultivo. O código municipal anterior era 1623.
O concello estivo incluído dende a súa fundación no partido xudicial de Falköping, pero dende 1998 pertence ao partido xudicial de Jönköping.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Domsagohistorik - Falköpings tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 9 de setembro de 2022.