Saltar ao contido

Ilyushin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilyushin

Editar o valor en Wikidata
Tipodivisión
Fundación13 de xaneiro de 1933
MatrizUnited Aircraft Corporation
LocalizaciónMoscova
FundadorSergey Vladimirovich Ilyushin
Industriaaeroespacial e defensa
Na rede
http://www.ilyushin.org
Instagram: ilyushin_org Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A sociedade anónima pública Ilyushin Aviation Complex,[1] que opera como "Ilyushin" (en ruso: Илью́шин) ou como "Ilyushin Design Bureau", é un fabricante ruso de aeronaves e oficina de deseño fundado en 1933 por Sergey Vladimirovich Ilyushin. A nomenclatura soviética/rusa identifica os avións de Ilyushin co prefixo "Il-" (en ruso: Ил-). Ilyushin ten a súa sede no distrito de Aeroport, en Moscova.[2]

Ataque ao chan

[editar | editar a fonte]

Bombardeiros

[editar | editar a fonte]
  • DB-3 - bombardeiro de longo alcance, 1935.
  • Il-4 "Bob" bombardeiro/torpedeiro desenvolvido a partir do DB-3, 1939.
  • DB-4 - bombardeiro de longo alcance, 1940.
  • Il-6 - prototipo de bombardeiro de longo alcance desenvolvido a partir do Il-4, 1942.
  • Il-22 - prototipo catrimotor a reacción, 1947.
  • Il-28 "Beagle" e "Mascot" - bombardeiro medio, primeiro bimotor con posqueimador, 1948.
  • Il-30 - prototipo de bombardeiro táctico con á en frecha desenvolvido a partir do Il-28, 1951.
  • Il-46 - prototipo de bombardeiro a reacción desenvolvido a partir do Il-30, 1952.
  • Il-54 "Blowlamp" - prototipo de bombardeiro supersónico, 1955.

Transporte

[editar | editar a fonte]
  • Il-12 "Coach" - tranporte/cargueiro bimotor, 1945.
  • Il-32 - prototipo de cargueiro planeador, 1948.
  • Il-34 - variante motorizada do Il-32.
  • Il-76 "Candid", avión de transporte estratéxico, o máis producido da súa clase, 1971.
    • Il-78 "Midas" - variante de repostaxe en voo do Il-76, 1982.
    • Il-82 - posto de mando aerotransportado desenvolvido a partir do Il-76.
  • Il-106 - proposta de transporte militar pesado.
  • Il-112 - prototipo de transporte militar lixeiro, 2019.
  • Il-276 - transporte militar medio, antes designado Il-214.
  • Il-476 - designación interna para o Il-76MD-90A.

Pasaxeiros

[editar | editar a fonte]
  • Il-14 "Crate" - transporte bimotor desenvolvido a partir do Il-12, 1950.
  • Il-18 "Clam" (1946) - prototipo catrimotor, 1946.
  • Il-18 "Coot" - avión de pasaxeiros turbohélice, un dos principais transportes do mundo durante décadas, 1957.
  • Il-62 "Classic" - reactor de longo alcance, o avión de pasaxeiros máis grande no seu momento e o primeiro da súa categorñia en ser fabricado en masa, 1963.
  • Il-86 "Camber" - reactor de fuselaxe ancha de alcance medio, 1976.
    • Il-80 "Maxdome" - posto de mando aerotransportado desenvolvido a partir do Il-86, 1985.
    • Il-87 "Aimak" - control aerotranportado baseado no Il-86.
  • Il-96 - avión de fuselaxe ancha de longo alcance desenvolvido a partir do Il-86, 1988.
    • Il-98 - variante de repostaxe aérea do Il-96.
  • Il-100 - avión lixeiro multipropósito.
  • Il-108 - prototipo de reactor executivo, 1990.
  • Il-114 - avión rexional, 1990.
  1. "JSC «IL» in General". web.archive.org. 2010-08-22. Archived from the original on 22 de agosto de 2010. Consultado o 2020-12-05. 
  2. "Official Address of the JSC «IL»". web.archive.org. 2011-09-07. Archived from the original on 07 de setembro de 2011. Consultado o 2020-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]