Saltar ao contido

Ilyushin Il-14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilyushin Il-14
Il-14G de Aeroflot
Tipopasaxeiros
FabricanteIlyushin
Primeiro voo1 de outubro de 1950
Estadoretirado
Unidades construídas1 348

O Ilyushin Il-14 (designación OTAN: Crate) foi un avión soviético bimotor de transporte de pasaxeiros e carga. Voou por primeira vez en 1950 e entrou en servizo en 1954. O Il-14 tamén foi fabricado en Alemaña Oriental por VVB Flugzeugbau, e en Checoslovaquia por Avia como o Avia 14. O Ilyushin Il-14 foi substituído principalmente polo Antonov An-24 e o Yakovlev Yak-40.

Deseño e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O Il-14 desenvolveuse como substituto para o popular Douglas DC-3 e a súa versión de fabricación soviética, o Lisunov Li-2. O Il-14 desenvolveuse a partir do Ilyushin Il-12, que voara por vez primeira en 1945,[1] e planeouse para ser usado tanto en operacións civís como militares. O Il-12 tivo grandes problemas debido ao pobre comportamento dos seus motores. Ademais, teña menos capacidade de carga do planeado orixinalmente (a intención era que levase 32 pasaxeiros e finalmente só podía transportar 18).[1]

O desenvolvemento do Il-14 foi unha gran mellora con respecto ao Il-12, cunha nova á e unha deriva máis ancha. Estaba equipado con dous motores radiais de pistóns de 1 900 cabalos Shvetsov ASh-82T-7.

A produción total do Il-14 foi de 1 345 avións. 1 065 fabricáronse en Moscova de 1956 a 1958 e en Tashkent de 1954 a 1958. Baixo licenza producíronse 80 unidades na Alemaña Oriental por VEB Flugzeugwerke Dresden (FWD) de 1956 a 1959, e 203 in Checoslovaquia por Avia de 1956 a 1960. O modelo demostrou ser robusto e fiable, sendo amplamente usado en zonas rurais con aeródromos mal equipados.

O modelo tamén foi usado pola industria aeronáutica de Alemaña Oriental como avión de proba para o estabilizador horizontal do Baade 152.

Variantes

[editar | editar a fonte]
Avia 14FG
  • Il-14: avión bimotor de transporte de pasaxeiros e carga.
  • Il-14FK/14FKM: fotografía aérea.
  • Il-14G: avión de carga.
  • Il-14GGO: investigación xeofísica.
  • Il-14LIK-1/LIK-2: calibración de axudas para a navegación.
  • Il-14LR: recoñecemento no xeo.
  • Il-14M: Il-14P coa fuselaxe alongada, con 14-36 asentos.
  • Il-14P: pasaxeiros con 18-32 asentos.
  • Il-14PS/S: VIP, baseadas no Il-14P.
    • Il-14SI: VIP con maior alcance.
    • Il-14SO: VIP de 18 asentos.
  • Il-14RR: recoñecemento pesqueiro.
  • Il-14T: transporte militar.
  • Crate-C: guerra electrónica.

Variantes con licenza

[editar | editar a fonte]
  • Avia 14: Ilyushin Il-14M fabricado baixo licenza por Avia en Checoslovaquia.
    • Avia 14-24: versión de 24 asentos.
    • Avia 14-32: 32 asentos.
    • Avia 14-40: 40 asentos.
  • Avia 14FG: recoñecemento aéreo.
  • Avia 14T: Ilyushin Il-14T fabricado por Avia.
  • Avia 14S: transporte VIP con seis asentos e un sofá de seis prazas que podía equiparse con tanques de combustible nas puntas das ás.
  • Avia 14 Super: modelo de 1960 con cabina presurizada para 32, 36 ou 42 pasaxeiros equipado con tanques de combustible nas puntas das ás.
  • VEB 14P: Ilyushin Il-14P fabricado por VVB Flugzeugbau en Alemaña Oriental.
  • VEB 14T: VEB 14P convertidos en transportes militares.

Operadores

[editar | editar a fonte]

Operadores militares

[editar | editar a fonte]

No presente xa non quedan operadores militares do Ilyushin Il-14.

Afganistán
Forza Aérea de Afganistán. 26 unidades foron subministradas a partir de 1955.[2] En 1979 só quedaban 10 aparellos operativos, equipando un único escuadrón.[3]
Albania
Forza Aérea de Albania. En 1957 entregouse un Il-14M, arranxándose o interior para convertelo en avión presidencial. O avión operou en Tirana en 1979, e despois foi trasladado a Linas. Ademais, introducíronse un Il-14M, un Avia 14T e un VFB Il-14P. Usados en tarefas de transporte co 7594 Rexemento de Aviación, que a principios dos 90 converteuse no 4020 Rexemento, foron retirados en 2002 debido á falta de pezas de reposto.[4][2]
República Democrática Alemá Alemaña Oriental
Forza Aérea e Defensa Aérea do Exército Popular Nacional. Foron entregados 30 avións, comezando con 11 fabricados por Ilyushin a partir de 1956 e seguidos por 19 exemplares fabricados localmente a partir do seguinte ano. 20 aínda estaban en servizo e 1979,[3] e todos serían retirados e 1990, sen que ningún chegase a operar na Luftwaffe da Alemaña unificada.[2]
Alxeria
Forza Aérea de Alxeria. 12 foron entregados a partir de 1962, sendo o último deles retirado en 1997.[2] Só catro unidades estaban operativas en 1979.[3]
Bulgaria Bulgaria
Forza Aérea de Bulgaria. 20 foron entregados dende 1960, incluídos exemplares de Il-14M e de Il-14P fabricados na Alemaña oriental.[2] Os Il-14P retiráronse en 1974, e tan só 4 Il-14M quedaban en servizo en 1979.[3]
Camboxa
A Forza Aérea de Camboxa operaba 2 Il-14 en 1968.[5]
China
Máis de 50 avións foron operados pola Forza Aérea do Exército Popular de Liberación a partir de 1955, principalmente da variante Il-14M (o Y-6 de produción local non se materializou). Algúns detes tamén foron usados supostamente pola Armada do Exército Popular de Liberación. Os últimos exemplares foron retirado a finais dos 90.[2]
Corea do Norte
Forza Aérea de Corea do Norte. Uns 15 operaron a partir de 1958 con menos de 10 en servizo en 1979[3] e sendo o derradeiro retirado en 1998.[2]
Cuba
Forza Aérea de Cuba. 20 Il-14T foron introducidos en 1961 e usados ata 1992.[2]
Ilyushin Il-14 de fabricación checoslovaca
Checoslovaquia Checoslovaquia
Forza Aérea de Checoslovaquia. 50 foron operados dende 1958, aínda que a maioría eran de fabricación local estregados a partir de 1968. A meirande parte deles retiráronse antes da separación de Checoslovaquia, e algúns deles puideron operar brevemente cos estados sucesores.[2]
Exipto Exipto
Forza Aérea de Exipto. 70 operados a partir de 1955. A meirande parte deles eran de fabricación soviética, pero polo menos un Il-14P fabricado en Alemaña Oriental foi entregado en 1957. Varios resultaron destruídos en combates contra Israel, pero 26 aínda estaban operativos en 1979.[3] A adquisición de avións occidentais a partir de entón levou á retirada do Il-14 en 1994.[2]
Etiopía Etiopía
Forza Aérea de Etiopía. 2 mercados en 1965, permanecendo un deles aínda en servizo e 1979[3] e sendo finalmente retirado e 1994.[2]
Guinea-Bissau Guinea-Bissau
4 estaban en servizo en 1979.[3]
Hungría Hungría
Forza Aérea de Hungría. Dous Il-14Ps estiveron en servizo entre 1959 e 1976.
India India
Forza Aérea da India. 26 entregados a partir de 1955[2] pero xa estaban retirados en 1979.[3]
Ilyushin Il-14 da Forza Aérea de Indonesia
Indonesia
Forza Aérea de Indonesia. 22 entregados a partir de 1957 e retirados en 1975.[2][3]
Iraq
Forza Aérea de Iraq. 13 Il-14M foron entregados en 1958, con 3 permanecendo en servizo en 1979.[3] O derradeiro foi retirado despois da primeira guerra do Golfo.[2]
Iemen
Forza Aérea do Iemen. 1 herdado de Iemen do Norte en 1990, servindo brevemente antes de ser retirado.[2]
Iemen do Norte
Forza Aérea do Iemen do Norte. 6 ou máis foron entregados dende 1958, cun único exemplar voando en 1979.[3] Este pasou a operar co Iemen unificado.
Iemen do Sur
Forza Aérea do Iemen do Sur. 4 entregados dende 1966 e servindo ata 1988.[2]
Iugoslavia Iugoslavia
Forza Aérea de Iugoslavia. Un Il-14P foi presentado polo primeiro ministro soviético Nikita Khrushchev ao primeiro ministro Josip Broz Tito en 1956. Outros seis foron entregados á forza aérea por Yugoslav Airlines en 1963 e foron usado ata 1974. O presentado a Tito atópase no Museo Aeronáutico de Belgrado.
Mali Malí
2
Mongolia
Forza Aérea de Mongolia. 7 entregados a partir de 1956, con 6 en servizo ata 1974.[6]
VEB Il-14S da Forza Aérea de Polonia no Museo Polaco de Aviación en Kraków
Polonia Polonia
Forza Aérea de Polonia. 12 ou máis serviron a partir de 1955, incluídos Il-14P, Il-14S, e Il-14T de fabricación soviética, así como Il-14P e Il-14T fabricado en Alemaña Oriental. Estes avións estiveron en servizo ata os anos 80.[2]
Congo República do Congo
Forza Aérea do Congo. 5 foron entregados dende 1960 e estiveron en servizo ata 1997.[2] Todos eles aínda operaban en 1979.[3]
República Khmer
Forza Aérea da República Khmer
 Romania
Forza Aérea de Romanía. 33 foron entregados a partir de 1955, incluídos 30 Il-14P fabricados en Alemaña Oriental e 3 Il-14M entregados en 1961. Só 4 estaban en servizo en 1979.[3] O último Il-14M retirouse en 1983 e cara 1993 xa non quedaba ningún Il-14P en servizo.[2]
Siria
Forza Aérea de Siria. 16 entregados dende 1957, con 8 en servizo en 1979.[3] Os últimos exemplares estiveron en servizo ata 1998.[2]
Ilyushin Il-14 on display at Vietnam Military History Museum
Unión Soviética Unión Soviética
Forza Aérea Soviética e Aviación Naval Soviética. Operando dende 1954, 235 avións estaban en servizo en 1979.[7]
Vietnam
Forza Aérea do Vietnam. 45 entregados a partir de 1958, con 12 aínda en servizo en 1979.[3] Ningún deles quedaba en servizo en 1998.[2]

Operadores civís

[editar | editar a fonte]
Bulgaria Bulgaria
República Popular da China
Cuba
Checoslovaquia Checoslovaquia
1961 photograph of an Ilyushin Il-14 operated by East-German airline Interflug
República Democrática Alemá Alemaña Oriental
Hungría Hungría
  • Malév - 10 foron operados no país a partir de 1956, dous deles polo goberno e oito por Malév Hungarian Airlines. Os primeiros tres avións da aeroliña fabricáronse na Unión Soviética, sendo os cinco Il-14P restantes producidos en Alemaña Oriental. Os avións de Malév estiveron operativos ata 1970 e os dous do goberno retiráronse en 1978. Todos os Il-14 húngaros foron vendidos á Unión Soviética para ser usados no Ártico, sendo retirado o último deles en decembro de 1990.[8]
Mali Malí
Mongolia
Corea do Norte
Polonia Polonia
  • Polskie Linie Lotnicze LOT - operou 20 avións entre 1955 e 1974. Unha aeronave utilizouse para a calibración de aeronaves durante a década de 1980.
 Romania
Unión Soviética Unión Soviética
Vietnam
Departamento de Aviación Civil de Vietnam - posteriormente como Vietnam Civil Aviation (agora Vietnam Airlines)[9]
Iemen
Iugoslavia Iugoslavia
  • JAT - a aeroliña mercou seis Il-14M en 1957. Foron retirado en 1963 debido a que non eran tan rendibles como os Convair CV-440 usados por JAT nesa época. Foi entregados ña Forza Aérea de Iugoslavia tras a compra do Sud Aviation Caravelle e serían usados ata 1974.


Polish Air Force Ilyushin Il-14
  1. 1,0 1,1 Gunston, Bill (1995). Osprey Aerospace, ed. The Osprey Encyclopedia of Russian Aircraft from 1875 – 1995. Londres. ISBN 1-85532-405-9. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 "World Air Forces Countries". web.archive.org. 2012-07-16. Archived from the original on 16 de xullo de 2012. Consultado o 2024-04-05. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 Chant, Christopher, ed. (1979). The world's Air-Forces. Newton Abbot [usw.]: David + Charles. ISBN 978-0-89009-269-9. 
  4. "Albanian Air Force". www.aeroflight.co.uk. Consultado o 2024-04-05. 
  5. "Cambodia Air Force Historical Order of Battle". www.aeroflight.co.uk. Consultado o 2024-04-05. 
  6. SIPRI[Ligazón morta]
  7. Chris Chant, The World's Air Forces, 1979, ISBN 0-89009-269-9.
  8. "41. Történelmi repülőgépek: Il-14 (1. rész)". Consultado o 2024-04-06. 
  9. "History". Vietnam Airlines. Consultado o 2024-04-06.