Illa do Príncipe Eduardo
Prince Edward Island (en) Île-du-Prince-Édouard (fr) | |||||
Lema | «Parva Sub Ingenti» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Ilha do Príncipe Eduardo (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Capital | Charlottetown (pt) | ||||
Escindido de | Nova Scotia (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 152.784 (2017) (27,19 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.620 km² | ||||
Bañado por | Golfo de San Lourenzo | ||||
Punto máis alto | Hunter River (pt) (142 m) | ||||
Punto máis baixo | Golfo de San Lourenzo (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de xuño de 1769 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | parliamentary system (en) | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
Órgano executivo | Government of Prince Edward Island (en) | ||||
• Premier of Prince Edward Island (en) | Dennis King (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | General Assembly of Prince Edward Island (en) , | ||||
PIB nominal | 7.508.000.000 $ (2020) | ||||
Moeda | Dólar canadense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | C | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CA-PE | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Hainan (2001–) | ||||
Páxina web | princeedwardisland.ca… | ||||
A Illa do Príncipe Eduardo[1][2] (en inglés: Prince Edward Island, e en francés: Île-du-Prince-Édouard) é unha das provincias marítimas do Canadá. É unha illa rodeada polo océano Atlántico e separada do territorio de Novo Brunswick polo Estreito de Northumberland. Recentemente foi unida ao continente norteamericano polo Ponte da Confederación.
É a provincia máis pequena do Canadá. A súa capital é Charlottetown, coñecida como o berce da Confederación Canadense, aínda que a provincia non se asociou á Confederación ata máis tarde.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa coñécese como o Xardín do Golfo, xa que se atopa no Golfo de San Lorenzo, ao oeste da Illa de Cabo Bretón, ao norte da península de Nova Escocia, e ao leste de Novo Brunswick. As costas do sur forman o Estreito de Northumberland. A illa conta con dúas zonas urbanas. A máis grande céntrase no porto de Charlottetown, situada no medio da costa do sur; consiste na capital, Charlottetown, varias comunidades residenciais como Cornwall e Stratford, e unha franxa cada vez máis ancha de urbanizacións e desenvolvemento urbano. Outra zona urbana céntrase no porto de Summerside, situada na costa do sur 40 km ao oeste do porto de Charlottetown; consiste ante todo na cidade de Summerside. Estes portos, como todos os portos naturais da illa, son creados por rías.
Clima
[editar | editar a fonte]A Illa do Príncipe Eduardo, debido á súa localización (rodeada por grandes corpos de auga) posúe un clima máis estable e ameno que o resto do país, rexistrando as temperaturas máis altas do Canadá durante o inverno e as máis baixas durante o verán. Polo cal, o tempo co que conta a provincia tamén é moi estable, con condicións climáticas que pouco varían durante un día dado.
Por outra banda, o seu pequeno tamaño fai que o clima sexa en gran medida homoxéneo en toda a provincia. A rexión oeste da illa posúe temperaturas levemente máis baixas durante o inverno e máis altas no verán, en relación coa rexión este, debido á súa maior proximidade co corpo principal do continente.
Durante o inverno, a Illa do Príncipe Eduardo posúe unha temperatura media de -7 °C. A media das mínimas é de -12 °C e a media das máximas, de -3 °C. A temperatura máis baixa que se rexistrou na provincia é de -37 °C, ocorrida en Alberton, o 26 de xaneiro de 1884. Durante o verán, posúe unha temperatura media de 19 °C. A media das mínimas é de 13 °C e a media das máximas, de 22 °C. E, á súa vez, a temperatura máis alta que se rexistrou na provincia é de 37 °C, ocorrida en Charlottetown, o 19 de agosto de 1935. A súa taxa de precipitación media anual de choiva é de 111 centímetros, mentres que a de neve é de 276 centímetros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Por exemplo en Antonio Cazorla, Adrian Shubert (2000). "A inmigración española en Canadá: unha visión de conxunto". Estudios Migratorios (CCG) (10): 11. ISSN 1136-0291.
- ↑ «Príncipe Eduardo, Illa do». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1700. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Príncipe Eduardo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arsenault, Georges (1989). The Island Acadians, 1720–1980. Charlottetown: Ragweed Press. ISBN 978-0-920304-81-5. OCLC 42887917.
- Baglole, Harry (1977). Exploring Island History: A Guide to the Historical Resources of Prince Edward Island. Belfast, P.E.I.: Ragweed Press. ISBN 0-920304-01-X. OCLC 4114534.
- Bolger, Francis (1973). Canada's Smallest Province: A History of Prince Edward Island. Charlottetown: Prince Edward Island 1973 Centennial Commission. OCLC 1031515. Also under OCLC 223434609
- Beck, E Boyde; Burden, P John (1996). Prince Edward Island : an (un)authorized history. Charlottetown: Acorn Press. ISBN 978-0-9698606-1-7. OCLC 36817364.
- Bumsted, JM (1987). Land, settlement, and politics on eighteenth-century Prince Edward Island. Kingston, ON: McGill-Queen's University Press. ISBN 978-0-7735-0566-7. OCLC 17199722. Consultado o September 16, 2009.
- Clark, Andrew Hill (1959). Three Centuries and the Island. A Historical Geography of Settlement and Agriculture in Prince Edward Island, Canada. Toronto: University of Toronto Press. OCLC 203962. A very broad look at the historical geography of P.E.I.
- Ives, Edward D (1999). Drive Dull Care Away: Folksongs from Prince Edward Island. Charlottetown: Institute of Island Studies. ISBN 978-0-919013-34-6. OCLC 123276052. Consultado o September 16, 2009.
- Johnston, A.J.B.; Francis, Jesse (2013). Ni'n na L'nu: The Mi'kmaq of Prince Edward Island. Charlottetown: Acorn Press. ISBN 978-1-894838-93-1.
- MacKinnon, Frank (1995). Church politics and education in Canada : the P.E.I. experience. Calgary: Detselig Enterprises. ISBN 978-1-55059-104-0. OCLC 35292426.
- MacKinnon, Wayne (1973). The Life of the Party: A History of the Liberal Party in Prince Edward Island. Summerside, P.E.I.: Prince Edward Island Liberal Party.
- Sharpe, Errol (1976). A people's history of Prince Edward Island. Toronto: Steel Rail. ISBN 0-88791-003-3. OCLC 2893908.
- Verner Smitheram; David Milne; Satadal Dasgupta (1982). The Garden transformed: Prince Edward Island, 1945-1980. Charlottetown: Ragweed Press. ISBN 978-0-920304-10-5. OCLC 9469420.
- Livingston, Walter Ross (1931). Responsible Government in Prince Edward Island: A Triumph of Self-Government under the Crown. Iowa City, IA: University of Iowa Press. OCLC 1678512. Consultado o September 16, 2009.
- Weale, David; Baglole, Harry (1973). The Island and Confederation: the end of an era. Summerside, P.E.I.: Williams and Crue. OCLC 1340051.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Government of Prince Edward Island Government official website
- Illa do Príncipe Eduardo en Curlie (en inglés)
- The Government Prince Edward Island Visitor's Guide
- CBC Digital Archives – PEI Elections: Liberal landslides and Tory tides
- Confederation Bridge
- City of Charlottetown Arquivado 02 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
- PEI info