Itä-Helsingin Kiekko
Aparencia
Itä-Helsingin Kiekko | |
---|---|
Fundación | 1974 |
Cidade | Helsinqui, Uusimaa Finlandia |
Cores | Azul, negro e branco |
Na rede | |
https://www.ihk.fi | |
O Itä-Helsingin Kiekko ou IHK é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Finlandia. O equipo fundouse en 1974 e xoga os seus partidos como local no Malmin jäähalli, un pavillón situado no distrito de Malmi e con capacidade para 500 persoas.[1][2]
Os maiores éxitos do club chegaron nos anos 2000 da man do seu equipo feminino, cando na tempada 2001-02 acadou a medalla de prata, e a de bronce cinco anos despois, na tempada tempada 2006-07.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Seuran esittely" (en finés). ihk.fi. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Malmin jäähalli" (en finés). okk.fi. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Naisten SM:n mitalijoukkueet kautta aikojen" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 23 de abril de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)