Saltar ao contido

Juan Martín Díez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Martín Díez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1775 Editar o valor en Wikidata
Castrillo de Duero, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1825 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Roa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ58875848 Traducir, Burgos Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEl Empecinado Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsoldado, militar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1793 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Diez, Juan Martin
Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) Traducir, (vol:49, p.32) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX971177
El Empecinado, de Goya.

Juan Martín Díez, chamado el Empecinado, nado en Castrillo de Duero (Valladolid) o 5 de setembro de 1775 e finado en Roa (Burgos) o 20 de agosto de 1825, foi un militar castelán, líder guerrilleiro durante a Guerra da Independencia española.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Foi labrador, fillo dun próspero campesiño. O alcume de "empecinado" era aplicado aos naturais de Castrillo de Duero, debido a que o rego Botijas que atravesa a aldea estaba cheo de pecina (a materia de cor verde presente nas augas en descomposición).

Desde novo tivo vocación militar, enrolándose con 18 anos na campaña do Rosellón (Guerra da Convención, entre 1793 e 1795). Durante eses dous anos, ademais de aprender sobre a arte da guerra, comezou a súa animadversión cara aos franceses.

En 1796 casou con Catalina de la Fuente, natural de Fuentecén (Burgos), instalándose nesa aldea como labrego até a ocupación de España polo exército de Napoleón en 1808, suceso que o levou a combater os invasores, ao parecer logo de que unha rapaza da aldea fose violada por un soldado francés, ao que o guerrilleiro matou posteriormente.

Participación na Guerra da Independencia Española (1808-1814)

[editar | editar a fonte]

A partir dese suceso organizou unha partida de guerrilleiros composta por amigos e membros da familia. Os seus primeiros lugares de acción foron na ruta entre Madrid e Burgos. Máis tarde combateu co exército español nos inicios da Guerra da Independencia Española: na Batalla de Cabezón, que tivo lugar na ponte de Cabezón de Pisuerga (Valladolid) o 12 de xuño de 1808, e na Batalla del Moclín, en Medina de Rioseco, o 14 de xullo do mesmo ano. Foron estas batallas perdidas e en campo aberto as que lle fixeron pensar que obtería mellores resultados co sistema de guerrillas, comenzando así con éxito as súas accións bélicas en Aranda de Duero, Sepúlveda, Pedraza e a cunca do río Douro.

En 1809 foi nomeado capitán de cabalería. Na primavera dese ano estendeu o seu campo de acción polas serras de Gredos, Ávila e Salamanca, para seguir despois polas provincias de Cuenca e Guadalaxara.

O cometido principal das guerrillas era danar as liñas de comunicación e subministración do exército francés, interceptando correos e mensaxes do inimigo e apresando convois de víveres, cartos e armas. O dano infrinxido ao exército de Napoleón foi considerable, de tal xeito que o xeneral Joseph Leopold Hugo foi nomeado «perseguidor en exclusiva» do Empecinado e a súa tropa. O xeneral francés, logo de intentar en van a súa captura, optou por deter á nai e algún familiar máis do guerrilleiro. A reacción de Juan Martín foi endurecer as accións bélicas, e ameazar co fusilamento de 100 soldados franceses prisioneiros. A nai e os demais foron postos en liberdade.

En 1810 tivo que refuxiarse no castelo de Ciudad Rodrigo, ao que puxeron sitio os soldados franceses.

En 1811 estivo ao mando do rexemento de húsares de Guadalaxara, ao tempo que contaba cunha partida duns 6.000 homes.

O 22 de maio de 1813 axudou na defensa de Alcalá de Henares, e na ponte de Zulema, sobre o río Henares venceu un grupo de franceses que o duplicaban en número. Máis tarde, Fernando VII deu consentimento para que Alcalá levantase unha pirámide conmemorativa da vitoria. Porén, en 1823 o propio rei ordenou a destrución do monumento por consideralo símbolo dun "liberal", se ben en 1879 os alcalaínos volveron levantar outro monumento ao Empecinado, ao que percibían como liberador.

En 1814, Juan Martín foi ascendido a Mariscal de Campo, séndolle concedido o dereito a asinar como El Empecinado de forma oficial.

Os Cen días (marzo-xuño de 1815)

[editar | editar a fonte]

Durante o denominado período dos Cen Días (entre o regreso de Napoleón do desterro en Elba e a derrota en Waterloo e a segunda abdicación), o Empecinado mantívose ao mando de diferentes forzas situadas nos Pireneos, como as compañías do Rexemento de Infantaría Burgos nº 2, despregadas no Val de Broto (Huesca).

Restauración e Trienio Liberal (1820-1823)

[editar | editar a fonte]

Tralo regreso de Fernando VII e a restauración do absolutismo, o rei tomou medidas contra os que considerados inimigos liberais. Juan Martín o Empecinado foi desterrado a Valladolid.

Tralo pronunciamento en 1820 do militar Rafael del Riego, o Empecinado retomou as armas, desta volta contra as tropas realistas de Fernando VII. Durante os anos seguintes (o período coñecido como trienio liberal), foi nomeado gobernador militar de Zamora e finalmente, Capitán Xeneral.

Monumento ao Empecinado en Burgos.

Trala fin do réxime liberal, Juan Martín marchou desterrado a Portugal. Desde alí pediu un permiso para regresar sen perigo, pero foi detido en Olmos de Peñafiel e trasladado a Nava de Roa, onde foi entregado ao alcalde de Roa de Duero (Burgos), Gregorio González. Alí estivo prisioneiro, sendo exhibido nunha gaiola con barrotes de ferro. Cando o militar liberal Leopoldo O'Donnell coñeceu estes feitos quixo levar a causa aos tribunais de xustiza, pero o corrixidor de Roa xa ordenara a súa execución, levada a cabo na praza da vila o 20 de agosto de 1825. Morreu aforcado en lugar de ser fusilado. Benito Pérez Galdós conta nos Episodios Nacionales que o Empecinado morreu a baionetazos, logo de desencadearse de camiño ao patíbulo nun arranque de desesperación e forza, logrando quitar a espada ao oficial que o acompañaba.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hardman, F.: El Empecinado visto por un inglés. Madrid: Ed. Espasa y Calpe, 1973.
  • Merino, I.: Por el Empecinado y la libertad. Madrid: Maeva Ediciones, 2003.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]