O Hío, Cangas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
O Hío | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Cangas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°15′51″N 8°46′55″O / 42.264185, -8.78199203 |
Poboación | 2.938 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santo André do Hío é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 2.938 habitantes (1.478 homes e 1.460 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.885 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia está situada ao oeste do concello. Varias das súas praias adoitan ter Bandeira Azul. Está cruzado por dous regatos. O rego de Donón nace en Donón, o seu leito e do Hío ata O Facho e desemboca en Barra. Ten a vertente na ría de Vigo cunha lonxitude de 2.025 m e remata en estuario. O Lagares nace en Vilanova e desemboca na praia de Areabrava. Ten a vertente na ría de Aldán, o seu réxime é regular cunha lonxitude de 2.100 m e acaba en estuario.
Historia
[editar | editar a fonte]O Hío comezou a estar habitado na Idade de Ferro, cando se poboou o Facho de Donón, onde logo se levantou o santuario galaico ao deus Berobreo. Na Idade Media pertenceu ao couto feudal da Casa de Soutomaior.
Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Aldán.
No ano 1929 os emigrantes do Hío en Buenos Aires enviaron cartos para construír unha casa e traer un médico para a parroquia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O cruceiro do Hío é obra de Xosé Cerviño, canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade). Foi feito en 1872, e está situado fronte ao adro e forma parte dun conxunto artístico-relixioso composto pola igrexa románica de Santo André de Hío e mais a casa reitoral.
É da gran valor cultural un santuario galaico-romano na aldea de Donón, situado na Costa da Vela, concretamente no Monte do Facho.
Festas
[editar | editar a fonte]Son afamados os seus festexos populares do entroido. Coñecido popularmente como Carnaval do Hío, é unha festa popular que se celebra 40 días antes da Semana Santa, na cal se vai de aldea en aldea bailando e cantando e bebendo viño tinto. Este evento dura 3 días que sempre coinciden en domingo, luns e martes.
Cada unha das sete aldeas do Hío contrata un cuarteto de gaiteiros, que son recibidos o domingo á tarde (con festa ata a madrugada na súa aldea). Durante luns e martes, todas as aldeas van visitando xuntas cada un dos núcleos de poboación: o luns van todos a Vilariño, O Igrexario, Pinténs e Vilanova; e o martes vaise a Liméns, Nerga e Donón. En cada aldea hai un rito de irmandamento, un breve concerto de cada cuarteto (co conseguinte prestixio ou desprestixio para as aldeas, segundo a calidade dos músicos e das súas pezas) e unha saída na que os membros da aldea anfitrioa fan un corro aos visitantes.
Cada noite, en cada aldea da parroquia, organízase un "baile" que dura ata que a xente aguante. Este baile é nun baixo calquera, que adoita cambiar cada ano.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Cangas.
-
A costa da vela, coa néboa subindo dende o mar.
-
Escavacións no Facho.
-
Vista da costa da Vela, Cabo Home, e as Cíes.
-
O Facho, en Donón.
-
Posta de sol vista dende o Facho.
-
Danza do Hío.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do Hío
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas | |
---|---|
Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño |
Parroquias de Cangas
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas | |
---|---|
Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André) |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Hío, Cangas |