Latour-de-Carol
Aparencia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Pireneos Orientais | ||||
Distritos | distrito de Prades (pt) | ||||
Comarca histórica da Cataluña | Alta Cerdanya | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 461 (2021) (36,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 12,63 km² | ||||
Bañado por | Río Querol | ||||
Altitude | 1.209 m-2.080 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Latour-de-Carol (en) | Cécile Houyau (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66760 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | latour-de-carol.fr |
Latour-de-Carol (en catalán: La Tor de Querol) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Prades e ao cantón de Saillagouse e contaba con 401 habitantes en 2007.
Situada na Alta Cerdaña, no antigo territorio do Rosellón, é atravesada polo río Carol, afluente do Segre. Linda con España, concretamente co concello de Guils de Cerdanya, na provincia de Xirona.
Demografía
[editar | editar a fonte]1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
---|---|---|---|---|---|
359 | 359 | 381 | 390 | 364 | 367 |
Transporte
[editar | editar a fonte]É un paso e vía de comunicación importante, coa súa estación ferroviaria internacional Latour-de-Carol-Enveitg situada na confluencia de tres liñas ferroviarias:
- cara ao noroeste, polo val do río Ariège cara a Tolosa e París. Ancho internacional (1435 mm), tensión eléctrica de 1,5 kV e alimentación por catenaria.
- cara ao leste, a liña da Cerdaña (o Tren Amarelo). Ancho métrico (1000 mm), tensión eléctrica de 850 V e alimentación por terceiro carril.
- cara ao sur, cara a Puigcerdà e Barcelona. Ancho ibérico (1668 mm), tensión eléctrica de 3 kV e alimentación por catenaria.
Estas circunstancias fan da estación de Latour-de-Carol-Enveigt un caso único en Europa.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- A estación de ferrocarril internacional que conecta España con Francia, coa particularidade de ter tres anchos de vía (internacional, vía estreita e ancho español) e tamén tres tipos diferentes de alimentación eléctrica (750 V DC por 3e raíl, 1,5 kV DC, e 3 kV DC).
- Vestixios e torre medieval do antigo castelo case derrubado totalmente. A torre dá nome á comuna; torre en francés é tour.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Latour-de-Carol |