Saltar ao contido

Lingua ávara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua avar»)
Ávaro
Магӏарул мацӏ, Авар мацӏ
Pronuncia:Maharul macʼ, Awar macʼ
Falado en: Rusia, Acerbaixán, Casaquistán, Xeorxia e Turquía,
Rexións: Europa, Asia
Total de falantes: 760 000
Familia: Caucásico nororiental
 Avar-andic
  Ávaro
Escrita: Alfabeto cirílico (actual)
xeorxiano, latino e árabe (antigamente)
Status oficial
Lingua oficial de: Daguestán (Rusia)
Códigos de lingua
ISO 639-1: av
ISO 639-2: ava (B)--- (T)
ISO 639-3: ava
Mapa
Status

O ávaro está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O ávaro[2] (магӀарул мацӀ maharul macʼ ou Авар мацI awar macʼ) é unha lingua avar–andi da familia das linguas caucásicas nororientais, é a lingua propia dos ávaros. En 2010 só en Rusia había 715.300 que declaraban o ávaro como a súa lingua materna [3].

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Fálase principalmente no oeste e sur da república rusa do Daguestán, e nas rexións de Balaken e Zaqatala do noroeste do Acerbaixán.[4]. A lingua ávara é tamén a lingua patrimonial dalgunhas pequenas zonas de Chechenia e Xeorxia limítrofes co Daguestán, fálase tamén entre as colonias de inmigrantes noutras zonas de Rusia, Casaquistán, Ucraína, Xordania e Turquía.

Status oficial

[editar | editar a fonte]

O ávaro é unha das linguas oficiais da República do Daguestán, servindo como lingua literaria para algunhas outras pequenas comunidades da súa familia lingüística así como lingua de comunicación entre diferentes grupos étnicos.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Os principais dialectos son, no norte: Khunzakh, Kazbek, Gunib e Gumbet; no sur: Andalal, Gidatl', Antsukh, Charoda, Tlyarata, Cumada e Cunta.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

O ávaro é unha lingua aglutinante, sen xéneros e cunha orde SOV.

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]

Consoantes

[editar | editar a fonte]
Fonemas consonánticos do ávaro[5]
Labial Dental Alveolar Palatal Velar Uvular Radical Glotal
central lateral
lenis fortis lenis fortis lenis fortis lenis fortis lenis fortis
Nasal m n
Oclusiva sonora b d ɡ
xorda p t k ʔ
exectiva kːʼ
Africada xorda t͡s t͡sː t͡ʃ t͡ʃː t͡ɬː q͡χː
exectiva t͡sʼ t͡sːʼ t͡ʃʼ t͡ʃːʼ (t͡ɬːʼ) q͡χːʼ
Fricativa xorda s ʃ ʃː ɬ ɬː x χ χː ʜ
sonora v z ʒ ʁ ʢ ɦ
Vibrante r
Aproximante l j

Escritas históricas

[editar | editar a fonte]
Alfabeto cirílico de Uslar para o ávaro.
O ávaro empregou o alfabeto latino entre 1928 e 1938. En 1932 o alfabeto latino que viña utilizando sufriu unha reforma

As primeiras mostras da escrita ávara datan do século XIV, son inscricións illadas que empregan o alfabeto xeorxiano [6]. A fins do século XVII e a principios do XVIII Dibirqadi de Khunzakh desenvolveu unha escrita para o ávaro en alfabeto árabe que se mantivo en uso ata 1928, pese ao intento de Peter von Uslar de substituílo polo alfabeto cirícilo na segunda metado do XIX que tivo como resultado a publicación dalgúns libros e a apertura dalgunhas escolas que o ensinaban pero por volta de 1902 ese alfabeto estaba totalmente esquecido[7]. En 1928 foi o alfabeto latino o que substituíu o árabe, e nunha nova reforma en 1938 o ávaro comezou a utilizar o alfabeto cirílico, basicamente o mesmo que utiliza a lingua rusa, cunha letra engadida chamada palochka, que na práctica ao estar ausente da maioría das distribucións de teclado utilízase I, l ou 1.

Alfabeto ávaro

[editar | editar a fonte]

A lingua ávara emprega o alfabeto cirílico. Estas son as letras que utiliza (a pronuncia dase segundo transcrición IPA)[8]:

А а Б б В в Г г Гъ гъ Гь гь ГI гI Д д
/a/ /b/ /w/ /ɡ/ /ʁ/ /h/ /ʕ/ /d/
Е е Ё ё Ж ж З з И и Й й К к Къ къ
/e/, /je/ /jo/ /ʒ/ /z/ /i/ /j/ /k/ /q͡χːʼ/
Кь кь КI кI КIкI кIкI Кк кк Л л М м Н н О о
/t͡ɬ’/ /k’/ /kːʼ/ /kː/ /l/ /m/ /n/ /o/
П п Р р С с Т т ТI тI У у Ф ф Х х
/p/ /r/ /s/ /t/ /t’/ /u/ /f/ /χ/
Хх хх Хъ хъ Хь хь ХI хI Ц ц Цц цц ЦI цI ЦIцI цIцI
/q͡χː/ /x/ /ħ/ /t͡s/ /t͡s’/
Ч ч ЧI чI ЧIчI чIчI Ш ш Щ щ Ъ ъ Ы ы Ь ь
/t͡ʃ/ /t͡ʃ’/ /ʃ/ /ʃː/ /ʔ/ /ɨ/
Э э Ю ю Я я
/e/ /ju/ /ja/

/t͡ɬː/ e /ɬ/ tamén se escriben ЛI лI e Лъ лъ respectivamente.

O bolmats (lingua común) é unha forma particular de ávaro que a partir do século XVI se converteu na lingua franca do Daguestán [9], a súa base é o dialecto de Khunzakh, o centro cultural dos ávaros, con algunha influencia dos dialectos do sur. Do bolmats xurdiu a forma literaria e o estándar adoptado polo ávaro na época soviética [10]

O ávaro conta cunha literatura ben establecida, a figura máis coñecida da literatura ávara é Rasul Gamzatov, coñecido a través da súa tradución ao ruso nos territorios da antiga Unión Soviética. Publícase un diario, 20 publicacións locais e hai emisións de radio e televisión na lingua. O primeiro vocabulario do ávaro débese a Peter Simon Pallas que incluíu 200 palabras ávaras nunha obra dedicada ás linguas do mundo publicada en 1787[11]

Ola! ВорчӀами! Vorçami!
Que fas? Щиб хӀal бугеб? Şçib ha bugeb
Como estás? Иш кин бугеб? İş kin bugeb?
Cal é o teu nome? Дуда цӀар щиб? Duda tsar sçib?
Cantos anos tes? Дур чан сон бугеб? Dur çan son bugeb?
De onde ves? Mун киве ина вугев? Mun kive ina vugev?
Síntocho! ТӀаса лъугьа! Tasa luga!
Onde vai o neno? Киве гьитӀинав вас унев вугев? Kive git inav vas unev vugev
O neno rompeu unha botella. Васас шиша бекана. Wasas şişa bekana..
Eles constrúen a estrada. Гьез нух бале(гьабулеб) буго. Ğez nuh bale(ğabuleb) bugo.
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de ávaro, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. "Censo de Rusia de 2010". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  4. Ethnologue entry for Avar
  5. Consonant Systems of the North-East Caucasian Languages on TITUS DIDACTICA
  6. Simon Crisp Language Planning and the Orthography of Avarin Folia Slavica , Vol. 7, No. 1/2, 1984, Columbus, Ohio
  7. "Vladislava Reznik Language Policy and Reform in the Soviet 1920s: Practical Polemics against Idealist Linguistics". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  8. Omniglot on the Avar alphabet, language and pronunciation
  9. Aspects of Language: Studies in Honour of Mario Alinei p 125-126
  10. Jeffrey Cole Ethnic Groups of Europe: An Encyclopedia, p30
  11. G.I. Madieva, Linguas da URSS, 1967

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]