Max Svensson
Nome orixinal | Max Svensson Río |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de novembro de 2001 (23 anos) Barcelona, España |
Altura | 1,82 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Dianteiro |
Familia | |
Pai | Tomas Svensson |
Max Svensson Río, nado en Barcelona o 8 de novembro de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Osasuna Promesas, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Barcelona na época en que seu pai, Tomas, xogaba ao balonmán no FC Barcelona.[1] Cando este fichou polo HSV Hamburg seis meses despois, a familia trasladouse a Hamburgo, e no 2005 regresaron a España, vivindo primeiro en Pamplona e logo en Valladolid, mentres Tomas militaba no San Antonio e no BM Valladolid respectivamente. Finalmente, en 2012 establecéronse en Barcelona.[1]
Max formouse como futbolista nas canteiras do FC Barcelona, o CF Gavà e a UE Cornellà antes de entrar en 2018 na estrutura do Espanyol, onde comezou no equipo xuvenil da División de Honra.[1] Na tempada 2020/21 ascendeu ao filial, o Espanyol B, da Segunda División B, categoría na que debutou na primeira xornada ante o Prat. Seis días despois marcou os seus primeiros dous goles no empate 2-2 diante do FC Andorra.[2]
O 16 de decembro de 2020, debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, da man do adestrador Vicente Moreno, substituíndo a Wu Lei nun triunfo por 0-1 sobre o Llagostera.[3][4] Ao mes seguinte estreouse na Segunda División, ante o Rayo Vallecano no RCDE Stadium.[5][6] Xogou un total de catro encontros co primeiro equipo esa tempada, participando do ascenso á Primeira División. Na seguinte tempada marcou 9 goles co filial na Segunda Federación e xogou dous partidos de Copa co primeiro equipo.
O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa cesión ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[7] Debutou co equipo galego na primeira xornada da competición, ante o Talavera en Riazor, substituíndo a Quiles no último cuarto de hora de xogo.[8] Non volveu ter minutos con Borja Jiménez no banco, pero a súa situación mudou coa chegada dun novo adestrador Óscar Cano, que o colocou de titular dende o seu primeiro partido.[9] Finalmente acabou xogando 29 partidos, máis da metade deles como titular, e marcou 5 goles. Disputou a promoción de ascenso, marcando o único gol na vitoria da ida das semifinais contra o Castellón, pero o equipo coruñés caeu eliminado no partido de volta.[10]
Para a tempada 2023/24 volveu saír cedido, desta vez ao Osasuna Promesas, tamén de Primeira RFEF.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É fillo da da española Montse Río e do sueco Tomas Svensson, considerado como un dos mellores porteiros de balonmán da historia.[12] Ademais é curmán da atleta sueca Maja Åskag.[13]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Espanyol
- Segunda División (1): 2020/21.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Molero, Iván (18 de novembro de 2020). "Max, el hijo goleador de un portero de balonmano mundial". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Héctor Hevel y Max Svensson, la exhibición de dos auténticos talentos" (en castelán). 29 de outubro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Molero, Iván (16 de decembro de 2020). "Oier pone la primera piedra, Puado derriba el muro". As (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Debuta Max Svensson" (en castelán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Navarro, Cristina (31 de xaneiro de 2021). "La increíble remontada del Rayo deja al Espanyol sin liderato". Marca (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Max Svensson viene pisando fuerte" (en castelán). 12 de febreiro de 2021. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "Max Svensson, novo xogador do Dépor 22-23". 1 de setembro de 2022. Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ "La victoria del Deportivo ante el Talavera, fotograma a fotograma" (en castelán). 29 de setembro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ De la Cruz, Luis (27 de decembro de 2022). "Svensson, de la nada al todo en el Depor tras la llegada de Cano". As (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ "Svensson permite que o Deportivo vaia en vantaxe a Castellón". Televisión de Galicia. 4 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ Regueiro, Zeltia (15 de agosto de 2023). "Max Svensson se marcha cedido al Osasuna Promesas por dos cursos". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Flinck, Johan (20 de decembro de 2020). "”Alla stora klubbar i Spanien ville ha honom”" (en sueco). Consultado o 1 de setembro de 2022.
- ↑ Wennerholm, Mats (16 de xullo de 2021). "JEM-guld till Maja Åskag efter finalkrossen" (en sueco). Consultado o 1 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).