Mahathir bin Mohamad
Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946,[3] antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico.[5] Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente inimizouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[6] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro.[7]
Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.[5]
Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisio con máis anos no cargo.[8] Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016.[9] Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006,[10] e máis tarde Najib Razak en 2015.[11] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes debacles electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Najib a pesar do escándalo que rodeaba a organización 1Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016,[12][13][14] sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[15]
O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[16] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que Anwar Ibrahim.[17] Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Anwar,[18] coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos.[19] A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir,[20] que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan.[21][22] Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018.[23] Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro,[24] o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país.[25] En 24 de febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión[26] e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[27]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Profile of Mahathir Mohamad
- ↑ TAN, TARRENCE (2018-05-10). "It's official, Dr M is Malaysia's seventh PM... and the world's oldest". The Star (en inglés).
- ↑ "Meet Mahathir Bin Mohamad, the man who inspired Jack Ma to start Alibaba Group". The Economic Times (en inglés). 2018-06-27. ISSN 0013-0389.
- ↑ Firdaws, Nawar (2016-09-09). "Dr Mahathir’s new party officially registered". Free Malaysia Today (en inglés).
- ↑ 5,0 5,1 Report, Recorder (2019-03-23). "H.E. Tun Dr. Mahathir bin Mohamad - the visionary and dynamic leader of Malaysia". Brecorder (en inglés).
- ↑ Abdul Rahman, Tunku (setembro de 1969). May 13 – Before and After. Kuala Lumpur: Penerbitan Utusan Melayu. pp. 117–121.
- ↑ "Dr Mahathir — a true giant of history". The Malaysian Reserve (en inglés). 2018-05-10.
- ↑ "Mahathir bows out as Malaysia's PM". edition.cnn.com (en inglés). 2003-10-31. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2023.
- ↑ Chief, Shannon TeohMalaysia Bureau (2016-02-03). "Mukhriz Mahathir resigns as Kedah Menteri Besar; Ahmad Bashah to take over". The Straits Times (en inglés). ISSN 0585-3923.
- ↑ Bangkok, Connie Levett (2006-09-02). "Mahathir challenges his successor". The Age (en inglés).
- ↑ Kaos Jr., Joseph (4 de abril de 2015). "Dr M past his quiet stage, asks Najib to step down". The Star (Malaisia). Consultado o 7 de agosto de 2015.
- ↑ MURAD, DINA (2016-01-29). "Dr Mahathir quits Umno, again". The Star (en inglés).
- ↑ Paddock, Richard C. (2016-02-29). "Mahathir Mohamad Quits Malaysia’s Governing Party, Citing Corruption". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331.
- ↑ "Mahathir quits Malaysia's ruling UMNO party, protesting corruption". CNBC (en inglés). 2016-02-29.
- ↑ "Malaysia's Umno expels Muhyiddin and Mukhriz Mahathir, suspends Shafie Apdal". The Straits Times (en inglés). 2016-06-24. ISSN 0585-3923.
- ↑ "ROS approves Parti Pribumi Bersatu Malaysia, it's to be known as ‘PPBM’". Malaysiakini (en inglés). 2016-09-08.
- ↑ Harun, Hana Naz (2016-12-13). "PPBM officially signs agreement to join Pakatan Harapan". NST Online (en inglés).
- ↑ "Mahathir Mohamad: Ex-Malaysia PM, 92, to run for office" (en inglés). 2018-01-08. p. BBC.
- ↑ "Malaysia's 92-year-old PM says he'll stay in office for 1-2 years". Reuters (en inglés). Consultado o 2018-05-15.
- ↑ Hunt, Luke (2018-03-23). "Malaysian Politics Get Nasty". thediplomat.com (en inglés).
- ↑ Team, NSTP (2018-05-10). "Pakatan Harapan wins 14th General Election". NST Online (en inglés).
- ↑ "Malaysia’s opposition pulls off shocking election win". Al Jazeera (en inglés). 2018-05-10.
- ↑ Chief, Shannon Teoh Malaysia Bureau; Lumpur, Trinna Leong Malaysia Correspondent In Kuala (2018-05-11). "Mahathir sworn in as Malaysia's 7th Prime Minister". The Straits Times (en inglés). ISSN 0585-3923.
- ↑ "Oldest Prime Minister records as Mahathir bin Mohamad becomes Malaysia’s leader aged 92". Guiness World Records (en inglés). 2018-05-11.
- ↑ Zuklkipli, Arfa Yunus and Nurlela (2018-05-27). "Becoming PM for second time is harder, frightening: Dr Mahathir". NST Online (en inglés).
- ↑ Lee, Yen Nee (2020-02-24). "Malaysia's Prime Minister Mahathir Mohamad submits resignation to the king". CNBC (en inglés).
- ↑ "Malaysia gets new PM, Muhyiddin Yassin, after week of turmoil". BBC (en inglés). 1 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mahathir bin Mohamad |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dr Mahathir Mohamad's Blog (Launched May 2008)
- BBC Profile: Mahathir Mohamad
- Biografía por CIDOB (en español)
- Mahathir hospitalised after heart attack Arquivado 05 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Islam the Misunderstood Religion by Dr. Mahathir Mohamad
- Perdana Leadership Foundation website on Malaysia’s past Prime Ministers.
- BBC News: In Pictures: Mahathir steps down