Maneca
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1926 Salvador, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 28 de xuño de 1961 (35 anos) Río de Xaneiro, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | suicidio, veleno | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 168 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1943 - 1957 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1950 | Mundial de Fútbol Brasil 1950 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Marinho Alves, coñecido como Maneca, nado en Salvador o 28 de xaneiro de 1926 e finado no Río de Xaneiro o 14 de xullo de 1961, foi un futbolista brasileiro. Tras comezar no Galícia, desenvolveu a maior parte da súa carreira no Vasco da Gama, club co que marcou 137 goles. Foi internacional coa selección brasileira no Mundial de 1950.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como futbolista no Galícia da súa cidade natal, co que gañou o Campionato Baiano de 1943.
Pasou logo polo Vitória e en 1946 fichou polo Vasco da Gama, no que militou durante 9 anos. Gañou con este club catro Campionatos Cariocas e o Campionato Suramericano de Clubs de 1948, considerado o antecesor da Copa Libertadores. Ocupa o 12º lugar na táboa de máximos goleadores da historia do Vasco da Gama, con 137 tantos.
Posteriormente xogou no Bangu, no Bahia, no Fluminense de Feira e pechou a súa carreira no mesmo club no que empezara, o Galícia, en 1957.
Selección brasileira
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección brasileira, coa que participou no Mundial de 1950. Disputou catro partidos durante o torneo e marcou un tanto na goleada por 7-1 sobre Suecia.[1] Quedou no banco no partido final, no que o seu equipo caeu ante o Uruguai no chamado Maracanazo.
Morte
[editar | editar a fonte]O 28 de xuño de 1961 tentou suicidarse inxerindo cianuro de mercurio. Faleceu no Hospital Miguel Couto 16 días despois.[2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Galícia
- Campionato Baiano (1): 1943.
- Vasco da Gama
- Campionato Carioca (4): 1947, 1949, 1950, 1952.
- Torneo Octogonal Rivadávia Corrêa Meyer (1): 1953.
- Campionato Suramericano de Campións (1): 1948.
- Bahia
- Campionato Baiano (1): 1956.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brasil 7-1 Suecia". FIFA (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ "Morreu Maneca". O Globo (en portugués). 14 de xullo de 1961. p. 16. Consultado o 4 de maio de 2022.
- ↑ "Todos os brasileiros". folha.uol.com (en portugués). Consultado o 4 de maio de 2022.
- Nados en Salvador, Baía
- Nados en 1926
- Futbolistas do Brasil
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Galícia Esporte Clube
- Xogadores do EC Vitória
- Xogadores do Vasco da Gama
- Xogadores do EC Bahia
- Xogadores do Bangu Atlético Clube
- Xogadores da selección de fútbol do Brasil
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950
- Finados en 1961
- Suicidios en 1961
- Suicidas do Brasil