Saltar ao contido

Manolo Sánchez Murias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManolo Sánchez Murias
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1996 cesión Unión Deportivo Gijón Industrial
1998–2000   Sporting de Gijón 57(4)
2000–2005   Celta de Vigo 20(1)
2001–2001 cesión   CA Osasuna 3(0)
2002–2002 cesión   Córdoba CF 10(0)
2002–2003 cesión Club Deportivo Numancia de Soria 15(0)
2004–2004 cesión   CD Tenerife 14(0)
2005–2008   Racing de Ferrol 66(2)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Ferrol Editar o valor en Wikidata

Manuel Sánchez Murias, nado o 27 de novembro de 1976 en Xixón, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Xixón industrial e no filial do Sporting de Xixón, debutaría no primeiro equipo o 11 de xaneiro de 1998 a partir do cal xogaría tódolos encontros da tempada, ao final da cal o equipo descendeu a Segunda División.

As dúas tempadas seguintes militou no equipo asturiano en Segunda, a pesar das lesións fixo moi bo final do segundo ano, polo cal o ficharía o Celta de Vigo no ano 2000

En Vigo comezou moi ben, sendo titular, pero na oitava xornada lesionariase de gravidade co cal non volveu xogar en toda a tempada. A partir de entón sucedéronse cesións a outros clubs, primeiro ao CA Osasuna sen moito éxito, despois Numancia de Soria en Segunda División.

No ano 2003-04 regresa a Vigo, onde non consegue facerse sitio no once inicial, disputando só un encontro. No mercado de inverno foi traspasado ao CD Tenerife, onde xogou 14 encontros.

Tras esa tempada o Celta descendeu a Segunda División e repescou a Manolo, xogou máis partidos que outros anos, 12, pero sen afianzarse no once titular. O seu último encontro co Celta sería coma titular o 12 de xuño de 2005 ante o SD Eibar no que o equipo se xogaba o ascenso.

Na tempada 2005-06 ficha polo Racing de Ferrol, en Segunda División B, e co que ascende a Segunda División na tempada seguinte.

Finalmente retírase no ano 2009 para converterse no adestrador do Racing de Ferrol.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira experiencia como adestrador, no Racing de Ferrol non comezou con moi bo pé, pero a metade de tempada, estando a piques de cumprir o obxectivo marcado de meter ao equipo nos postos de ascenso a Segunda División, foi cesado. O seu substituto, Michel Alonso, lonxe de mellorar os rexistros empeorounos.

Despois desta mala experiencia volveu a Mareo, onde se formara como xogador, para facerse cargo de varios equipos da canteira do Sporting de Xixón ata que o 17 de maio de 2012 se anunciou que sería o novo adestrador do Sporting de Gijón para a tempada 2012–13 en Segunda División, en substitución de Javier Clemente.[1]. Porén a mala marcha do equipo, lonxe do ascenso, levou a que o equipo o destituíra aos dous meses de competición. Foi substituído por José Ramón Sandoval.[2]

  1. ""Javier Clemente concluye su relación con el Sporting; le sustituye Manolo Sánchez"". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2012. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  2. ""Sandoval, llega con humildad, trabajo e ilusión"". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 28 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]