Saltar ao contido

Manuel Vilanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Vilanova

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor en Wikidata
Barbantes, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Románica
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía, lingua castelá e literatura española Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, poeta, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Premios

BNE: XX957676 AELG: 102 BUSC: vilanova-manuel-1944


Manuel Vilanova Rodríguez, nado en Barbantes (Punxín)[1][2] en 1944 e finado en Vigo[3] o 5 de marzo de 2019[4], foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela[5] e doutorouse na Universidade Complutense de Madrid coa tese La soledad en la poesía de Luís Cernuda.

Como poeta está considerado como un dos que marcou o paso da literatura socialrealista á preocupación máis esteticista dos anos oitenta[6] xunto con Xosé Luís Méndez Ferrín e Arcadio López-Casanova. Para Ramiro Fonte Manuel Vilanova é o introdutor da poesía artellada sobre a intertextualidade.[7]

Comezou escribindo en castelán pero pronto se decidiu polo galego co libro inédito A tarde cheia de verán[8]. O primeiro poemario publicado en galego foi E direi-vos eu do míster das cobras (1980). Segundo César Antonio Molina "é unha especie de grande happening da poesía galega deste século, un suceso lúdico no cal Vilanova descolga os fantasmas ancestrais e sácaos a pasear polas rúas deste fin de milenio".[9] O libro parte da transgresión temporal e espacial, facendo simultáneos nos seus poemas feitos que na vida real non o son.[8]

Foi catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura española en Vigo.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco).
  • Sis poetes gallecs (1990, Editorial Columna). Edición bilingüe galego-catalán.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Mejor el fuego (1972). Fablas Ediciones. Las Palmas.
  • El cazador de días (1977). Fablas Ediciones. Las Palmas. 170 páxs.
  • El quinto cáliz (1977). Deputación Provincial de Granada. Colección Genil de Literatura. 56 páxs. ISBN 978-8478072101.
  • Casa para los ojos (1988). Deputación Provincial de Málaga. Puerta del Mar XXXVI. 106 páxs.
  • El corazón del pan (2002). Fundación Jorge Guillén, Valladolid. 350 páxs. ISBN 978-8489707559.
  1. Ficha na AELG
  2. Segundo a GEG, naceu en A Barca de Barbantes, Cenlle.
  3. "A AELG lamenta a perda do seu Socio Manuel Vilanova". aelg. Consultado o 2019-03-06. 
  4. "Morre o poeta Manuel Vilanova, o renovador silencioso". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06. 
  5. "Manuel Vilanova". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-06. 
  6. "Manuel Vilanova. Premios da Crítica Galicia. Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06. 
  7. Fonte, Ramiro (1986). ""A lenda das árobores de prata" por Manuel Vilanova". Grial (92). 
  8. 8,0 8,1 Vilavedra, Dolores, Coord. (1995). Diccionario da literatura galega I. Autores. Galaxia. p. 612. ISBN 84-8288-019-5. 
  9. Molina, César Antonio (2005). En honor de Hermes (en castelán). Huerga Y Fierro Editores. p. 666. ISBN 9788483744970. 
  10. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España". catalogo.bne.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-03-06. 
  11. Requeixo, Armando (2011-06-16). "Metafísica de Barbantes". Criticalia. Consultado o 2019-03-06. 
  12. Nicolás, Ramón (2018-04-05). "A substancia das horas, de Manuel Vilanova". Caderno da crítica. Consultado o 2019-03-06. 
  13. Carreño, Antonio. "Manuel Vilanova: a substancia das horas". La Región. Consultado o 2019-03-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]