Marcia (nai de Traxano)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 33 Roma, Italia |
Morte | Antes de 100 |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Familia | |
Cónxuxe | Marco Ulpio Traxano |
Fillos | Ulpia Marciana, Traxano |
Pais | Quinto Márcio Bareia Sura e Antonia Furnilla |
Irmáns | Márcia Furnila |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Marcia, nada ao redor do ano 33 e finada antes do 100, foi unha muller romana que viviu no século I no Imperio romano que foi a nai do emperador romano Traxano.
Familia
[editar | editar a fonte]Marcia viña dunha familia nobre e distinguida, politicamente influente, a gens patricia Marcia, que afirmaba descender do rei romano Anco Marcio. Marcia foi a primoxénita de Quinto Marcio Barea Sura. Hai a posibilidade de que o cognomen Furnila viñese dos seus devanceiros maternos. O seu pai era amigo do futuro emperador romano Vespasiano. A irmá de Marcia era Marcia Furnila, quen foi a segunda esposa do futuro emperador romano Tito (o primeiro fillo de Vespasiano). Era a tía materna da filla de Tito e a súa irmá Julia Flavia ou Flavia Julia Titi.
O tío paterno de Marcia foi o senador romano Quinto Marcio Barea Sorano, mentres que a súa curmá paterna foi a nobre Marcia Servilia Sorana. A súa familia estaba relacionada cos opoñentes ao emperador romano Nerón. No ano 65, despois do fracaso da conspiración de Pisón, a súa familia viuse desfavorecida por Nerón.
O avó paterno de Marcia foi Quinto Marcio Barea, que era cónsul sufecto no 26 e foi dúas veces procónsul da provincia de África. Barea foi unha persoa influente na provincia de África e dedicara un templo en Leptis Magna ao Dei Augusti ou Os deuses augustos. A través da provincia, Barea deixou varias inscricións.
Biografía
[editar | editar a fonte]Presumiblemente, Marcia naceu e criouse en Roma. Durante o principio do reinado do emperador romano Claudio (41-54), Marcia casou cun xeneral romano hispano e senador chamado Marco Ulpio Traxano. Traxano orixinalmente viña de Itálica (preto da actual Sevilla, España) na provincia romana de Hispania Baetica.
Marcia deulle a Traxano dous nenos:
- Unha filla - Ulpia Marciana (48-112/114), que herdou o seu segundo nome dos antepasados paternos da súa nai. Marciana casou con Caio Salonio Matidio Patruino, quen era un rico senador e converteuse en pretor. Marciana deulle a Patruino só unha filla Salonina Matidia, quen naceu o 4 de xullo do 68. Matidia foi a única neta de Marcia e Traxano.
- Un fillo - Marco Ulpio Traxano, coñecido como Traxano (53-117). Traxano desempeñou o cargo de emperador romano desde o ano 98 até a súa morte no 117. Casou cunha muller chamada Pompeia Plotina.
Marcia tiña leiras con arxila chamadas as Figlinae Marcianae, que se situaban no norte de Italia. Cando Marcia morreu, Traxano herdou estas leiras da súa nai. Non se sabe se Marcia viviu o suficiente para ver a Traxano converterse en emperador.
-
Retrato de Marco Ulpio Traxano, o seu marido.
-
Busto de Traxano, o seu fillo.
-
Busto de Ulpia Marciana, a súa filla.
-
Busto de Salonina Matidia, a súa neta.
-
Busto de Sabina, a súa bisneta.
Legado
[editar | editar a fonte]Ao redor do ano 100, o seu fillo Traxano fundou unha colonia no Norte de África que foi chamada Colonia Marciana Ulpia Traiana Thamugadi (moderna Timgad, Alxeria). O seu fillo chamou así a esta cidade en honra da súa nai, o seu último marido e a súa filla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.roman-emperors.org/trajan.htm
- http://www.roman-emperors.org/wardoc2a.htm
- http://www.livius.org/lle-lh/lepcis_magna/theater2.html[Ligazón morta]
- http://www.livius.org/lle-lh/lepcis_magna/lepcis02.html[Ligazón morta]
- https://web.archive.org/web/20091019223803/http://geocities.com/Athens/Parthenon/7094/titus1.html