Saltar ao contido

Mikhail Tikhonravov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMikhail Tikhonravov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Клавдиевич Тихонравов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1900 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Vladimir, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte4 de marzo de 1974 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Zhukovsky de Engenharia da Força Aérea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRocket science (en) Traducir e enxeñaría aeroespacial Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro, Enxeñeiro de aviación, científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Aviação de Moscou (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoQ16273027 Traducir, Q16515005 Traducir e Anatoly Brykov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тихонравов Михаил Клавдиевич)
Enciclopedia soviética armenia, volume 12, (p.7)
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata

Mikhail Tikhonravov, nado o 29 de xullo de 1900 e finado o 3 de marzo de 1974, foi un enxeñeiro soviético pioneiro no deseñeo de naves espaciais e en foguetería.[1]

Tikhonravov naceu en Vladimir, Rusia. Asistiu á Academia da Forza Aérea Zhukovsky de 1922 a 1925, onde entrou en contacto coas ideas de Konstantin Tsiolkovskii sobre o voo espacial. Despois de graduarse e ata 1931 traballou en varias fábricas de aeronaves e interesouse polo desenvolvemento de planeadores. Despois de 1931 adicouse ao desenvolvemento da foguetería. En 1932 uniuse ao Grupo para o Estudo do Movemento a Reacción (GIRD) como xefe de brigada, construíndo o foguete GIRD-09, alimentado por osíxeno líquido e gasolina xelificada e lanzado o 17 de agosto de 1933.

Formou parte do Instituto de Investigación Científica da Reacción (RNII) cando o GIRD e o Laboratorio de Dinámica de Gases (GDL) se xuntaron en 1933. A partir de 1938 Tikhonravov comezou a investigar sobre motores foguete alimentados por propelente líquido e desenvolveu foguetes para o estudo das capas altas da atmosfera. A finais dos anos 1930 detívose o desenvolvemento de foguetes de propelente líquido e Tikhonravov centrouse na investigación de proxectiles para o sistema de Katiusha de lanzamento de foguetes.

En 1946 nomearono subdirector do NII-4 na Academia de Ciencias da Artillería e desenvolveu o proxecto VR-190. En 1948 propuxo un tipo de foguete multietapa no que os motores funcionarían en paralelo (foguetes en paquete) para lograr un maior alcance. A proposta foi recibida con escepticismo e ridiculizada entre os científicos no seu momento, cando se cría que o límite absoluto para o alcance dun foguete eran uns 1000 km. No NII-4 liderou un equipo de investigadores que fixeron importantes estudos sobre foguetes en paquete, o movemento orbital de satélites, programas de control óptimo de cabeceo para o lanzamento cara órbita, traxectorias de reentrada e escudos térmicos. En 1956 Sergei Koroliov engadiu a Tikhonravov e ao seu equipo á súa oficina de deseño, a OKB-1.[2]

Despois do lanzamento do Sputnik 1 e do Sputnik 2, Tikhonravov, xunto con outros científicos, recibiu o premio Lenin en 1957.

A pesar de ser un dos científicos líderes que levaron ao desenvolvemento do Sputnik 1 e o seu foguete lanzador, o Sputnik 8K71PS, gran parte do seu traballo non foi acreditado.

Tikhonravov deseñou o primeiro foguete soviético de propelente líquido, propuxo a idea do foguete agrupado para o mísil R-7, supervisou o deseño do foguete Vostok no que voou Iuri Gagarin e xestionou o desenvolvemento das primeiras sondas lunares soviéticas. Tamén colaborou en gran medida no desenvolvemento do Sputnik 1.[3]

A Tikhonravov se lle debe o acuñamento e popularización do termo cosmonauta para diferenciarse do anglosaxón astronauta.[4][5]

En Marte hai cráter nomeado na súa homenaxe, o cráter Tikhonravov.

  1. Mark Wade (2024). "Tikhonravov, Mikhail Klavdiyevich" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2024. 
  2. The Space Review, ed. (2 de outubro de 2017). "Sputnik remembered: The first race to space (part 1) (page 1)". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2019. 
  3. https://www.smithsonianmag.com/air-space-magazine/the-man-behind-the-curtain-22131111/
  4. Brzezinski, Matthew (2007). Red Moon Rising: Sputnik and the Hidden Rivalries That Ignited the Space Age. Henry Holt & Co. (Nova York). pp. 108. 978-0-8050-8147-3. 
  5. Gruntman, Mike (2004). Blazing the Trail: The Early History of Spacecraft and Rocketry. AIAA (Nova York). p. 326. 9781563477058. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]