N-VI
N-VI Estrada Madrid - A Coruña | |
---|---|
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Dimensións | |
Lonxitude | 606 km |
Formato | 1 ou 2 carrís por sentido, con beiravía |
Localización | |
Inicio | Madrid |
Fin | A Coruña |
Circulación | |
Velocidade máxima | 90-100 km/h |
A N-6 (anteriormente nomeada N-VI), coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.
A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais desde O Carballo (San Pedro de Nós, Oleiros) no km 586 pasa a denominarse AC-12 durante 9 km ata o porto da Coruña.
No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo[1].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A N-VI en Becerreá
-
km 459 en Becerreá
-
N-VI en Begonte
-
A N-VI na Castellana, Aranga
-
N-VI en Guadarrama, entre as provincias de Segovia e Madrid.
-
Vídeo atravesando Becerreá pola N-VI.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "N-VI opta ao premio ao mellor documental do XV Festival de Málaga", artigo de Pablo Gallego en Galicia Confidencial, 5 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García-Fuentes, Manuel (1987). El camino de acceso a Galicia en el siglo XVIII (en castelán). Deputación da Coruña. ISBN 84-505-5521-3.
- Malde, Antón (xaneiro de 2013). A vía per Loca Marítima ao seu paso polo territorio Mariñas-Betanzos (PDF) (2.ª ed.). Asociación de Desenvolvemento Rural «Mariñas-Betanzos».
- —————— (2012). "Novas pontes históricas sobre os ríos Deo e Mandeo". A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (34): 23–25.