Sprattus
Sprattus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sprattus sprattus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Sprattus é un xénero de peixes mariños da familia dos clupeidos.
Catro das súas cinco especies viven en augas cálidas e subtropicais do hemisferio sur, e só unha, Sprattus sprattus habita no Atlántico nororiental, e nos mares Báltico, Mediterráneo e Negro, sendo un dos principais peixes comerciais de Europa.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Teñen o corpo alongado, algo comprimido lateralmente, pequeno, de entre 8 e 12 cm, alcanzando como máximo os 16 cm de lonxitude. A coloración do dorso é azul ou verdosa, cos costados e o ventre prateados. O maxilar inferior está claramente proxectado cara a adiante. As aletas pelvianas están sostidas por 7 (raramente 8) raios brandos, e están situadas a unha altura algo anterior á do comezo da aleta dorsal, que está situada no medio do lombo.[3]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Son peixes peláxicos, costeiros, nadando a miúdo en cardumes en augas pouco profundas cerca da costa. Algunhas poden tolerar salinidades moi baixas.
Efectúan grandes migracións para buscar o alimento no inverno e a primavera e en verán, e para o desove. Os adultos aliméntanse sobre todo de crustáceos planctónicos e as formas xuvenís de diatomeas e ovos e larvas de copépodos. Reprodúcense durante case todo o ano, preto da costa ou até os 100 km en mar aberto.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende cinco especies:[4]
- Sprattus antipodum (Hector, 1872)
- Sprattus fuegensis (Jenyns, 1842) – trancho chileno [5]
- Sprattus muelleri (Klunzinger, 1879)
- Sprattus novaehollandiae (Valenciennes, 1847)
- Sprattus sprattus (Linnaeus, 1758) – trancha, trancho ou espadín [6]
Nutrición
[editar | editar a fonte]As tranchas afumadas, moi consumidas nos países do norte de Europa, están entre os alimentos con maior contido en purinas.[7]
As persoas afectadas de gota ou que teñan niveis elevados de ácido úrico no sangue deben, por tanto, evitaren o seu consumo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sprattus en WORMS.
- ↑ Muus, Bent. J. (1998), pp. 91-92.
- ↑ 3,0 3,1 "Marine Species". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 06 de agosto de 2013.
- ↑ Sprattus en ITIS (en inglés)
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 164.
- ↑ "Dicionario da RAG". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2013.
- ↑ Various food types and their purine content (Diversos tipos de alimentos e o seu contido en purina)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sprattus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
- Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sprattus en NCBI.
- Lista de especies válidas en FishBase.