St. Anger
St. Anger | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Metallica | ||||
Publicado | 5 de xuño de 2003 | |||
Gravación | maio de 2002 - abril de 2003 | |||
Duración | 75:01 | |||
Xénero(s) | heavy metal | |||
Selo(s) | Elektra, Vertigo | |||
Produtor | Bob Rock, Metallica | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://www.metallica.com/releases/albums/release-4218.html | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
St. Anger é o oitavo álbum da banda estadounidense de heavy metal Metallica, publicado o 5 de xuño de 2003 a través do selo Elektra Records. Foi o seu primeiro traballo do século XXI e o derradeiro editado por Elektra, poñendo fin ao período máis longo entre álbums do grupo ao pasar case seis anos dende a edición de Reload. St. Anger ía ser editado orixinalmente o día 10 de xuño, pero lanzouse cinco días antes debido a que comezou a distribuírse sen permiso a través de redes peer-to-peer. O álbum marcou a última colaboración entre Metallica e o produtor Bob Rock, relación que empezara co quinto traballo de estudio do grupo, Metallica, editado en 1991.
St. Anger é o primeiro álbum de Metallica dende ...And Justice for All que non conta co baixista Jason Newsted. Newsted deixou a banda antes das primeiras sesións de gravación do disco, deixando a Rock temporalmente no seu posto ata que o grupo atopase a alguén que o substituíse. As gravacións iniciáronse o 23 de abril de 2011, pero postpuxéronse indefinidamente cando o guitarrista rítmico e cantante James Hetfield iniciou un proceso de rehabilitación por "alcolismo e outras adicións".
St. Anger estreouse no primeiro posto das listas de 30 países, incluída a estadounidense Billboard 200. Tras o seu lanzamento recibiu críticas negativas e tivo unha mala recepción. En 2004, o seu principal sinxelo, "St. Anger", gañou o Grammy á "Mellor interpretación de metal". O álbum foi certificado dúas veces platino pola RIAA e leva vendidas 7 millóns de copias en todo o mundo.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por James Hetfield, Lars Ulrich, Kirk Hammett e Bob Rock.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Frantic" | 5:50 | |||||||
2. | "St. Anger" | 7:21 | |||||||
3. | "Some Kind of Monster" | 8:26 | |||||||
4. | "Dirty Window" | 5:25 | |||||||
5. | "Invisible Kid" | 8:30 | |||||||
6. | "My World" | 5:46 | |||||||
7. | "Shoot Me Again" | 7:10 | |||||||
8. | "Sweet Amber" | 5:27 | |||||||
9. | "The Unnamed Feeling" | 7:10 | |||||||
10. | "Purify" | 5:14 | |||||||
11. | "All Within My Hands" | 8:48 | |||||||
1:15:01 |
DVD dos ensaios de St. Anger | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Frantic" | 6:45 | |||||||
2. | "St. Anger" | 7:37 | |||||||
3. | "Some Kind of Monster" | 8:40 | |||||||
4. | "Dirty Window" | 6:24 | |||||||
5. | "Invisible Kid" | 8:54 | |||||||
6. | "My World" | 6:09 | |||||||
7. | "Shoot Me Again" | 7:24 | |||||||
8. | "Sweet Amber" | 5:54 | |||||||
9. | "The Unnamed Feeling" | 7:30 | |||||||
10. | "Purify" | 5:35 | |||||||
11. | "All Within My Hands" | 9:37 | |||||||
1:20:35 |