Saltar ao contido

Stade de Reims Champagne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stade de Reims»)
Stade de Reims
NomeStade de Reims
Fundación1911
EstadioStade Auguste Delaune,
Reims, Francia
Inauguración21 de outubro de 1934
Capacidade25.000
PresidenteFrancia Jean-Pierre Caillot
AdestradorFrancia Hubert Fournier
LigaLigue 1
2013–1411º
Na rede
http://www.stade-de-reims.com/
Facebook: SDROFFICIELLE Twitter: StadeDeReims Instagram: stadedereims Youtube: UCom66wjZm3vaOeRdsU1jXtQ Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Stade de Reims é un club de fútbol francés da cidade de Reims, en Champaña-Ardenas. Foi fundado en 1911 e compite na Ligue 1.

En 1911 o marqués de Polignac funda a Société Sportive du Parc Pommery. O 18 de xuño de 1931 o equipo cámbiase o nome polo actual, Stade de Reims. En 1938 fusiónase con outro club da cidade, o Sporting Club Rémois.

En 1949 o equipo gaña a súa primeira Liga. Na tempada 55-56 o equipo chega á final da Copa de Europa (foi o primeiro ano que se celebrou a competición), pero non puido facerse co título, xa que foi derrotado polo Real Madrid por catro goles a tres. O equipo volveu chegar á final tres anos despois, pero volveu ser derrotado polo conxunto español.

O Stade de Reims conseguiu varios títulos (6 Ligas, 2 Copas de Francia e 1 Copa Latina) nos anos 1950 e 1960, pero despois empezou unha época máis modesta na que o club baixou de categoría.

Actualmente o equipo milita na Ligue 2.

  • Uniforme titular: Camiseta vermella con mangas brancas, pantalón branco e medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.

Stade Auguste Delaune, inaugurado o 21 de outubro de 1934, con capacidade para 9.582 persoas.

O estadio leva o nome do antigo secretario da Fédération Sportive.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro 2012/13

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
1 POR Francia Johan Liébus
2 DEF Mohamed Fofana
3 DEF Francia Franck Signorino
4 MED Polonia Grzegorz Krychowiak
5 DIA Alxeria Kamel Ghilas
6 MED Francia Antoine Devaux
7 DIA Odaïr Fortes
8 MED Francia Johann Ramaré
9 DIA Francia Julien Toudic
10 DIA Floyd Ayité
11 MED Diego
12 DIA Francia Nicolas de Préville
13 DIA Francia Nicolas Fauvergue
16 POR Kossi Agassa
Posto País Xogador
18 DIA Francia Gaëtan Courtet
19 MED Francia Alexi Peuget
20 MED Francia Quentin Pereira
21 MED Guinea-Bissau Bocundji Ca
22 DEF Francia Mickaël Tacalfred
23 DEF Francia Aïssa Mandi
24 MED Francia Florent Ghisolfi
25 DEF Francia Anthony Weber
26 DEF Senegal Pape Souaré
27 DEF Francia Christopher Glombard
28 DIA Francia Yann Benedick
30 POR Francia Jérémy Malherbe
40 POR Johny Placide

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]