Pobo mixteco
Pobo mixteco | |
---|---|
O rei e guerreiro mixteco Oito Veado Gadoupa de Xaguar (dereita) con Catro Xaguar, nunha representación do Codex Zouche-Nuttall. | |
Poboación | |
Poboación total: Arredor de 830 000[1][2] | |
Rexións principais: | |
México | Oaxaca, Puebla, Guerrero e Chiapas |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua mixteca e castelán |
Relixión | catolicismo con elementos de crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | pobos zapotecas e pobo trique |
Os mixtecos[3] (Ñuù savi) son un pobo indíxena que habita en México, na rexión coñecida como La Mixteca, en Oaxaca e Puebla así como na rexión montañosa de Guerrero. Os pobos mixtecos están divididos en tres grupos: os mixtecos altos pertencen á clase alta e son polo xeral ricos, os mixtecos baixos son polo xeral pobres, e os mixtecos da costa que viven na costa do pacífico de Oaxaca e Guerrero. A lingua mixteca forma unha póla principal da familia de linguas otomangueanas.
Nos tempos precolombianos, as cidades estado mixtecas competían entre elas e cos reinos zapotecos. A principal cidade mixteca foi Tututepec que conseguiu máis prominencia no século XI baixo o liderado de Oito Veado Gadoupa de Xaguar, o único rei mixteca que uniu as cidades das terras altas e baixas nun único estado. Ó igual que o resto de pobos indíxenas de México, os mixtecas foron conquistados polos invasores españois no século XVI. O número de mixtecas antes da conquista roldaba os 1,5 millóns.[4] Hoxe en día, o seu número é duns 800 000 en México, e tamén hai poboacións importantes nos Estados Unidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indios (CDI) (2000): Lenguas indígenas de México Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Viewed 2006-11-30.
- ↑ Instituto dos Mexicanos no Exterior: Lazos. Síntesis informativa Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 2005-1-24. Viewed 2006-11-30
- ↑ "Entrada mixteco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 06 de xullo de 2017.
- ↑ archaeology.about.com › ... › Archaeology 101 › Glossary › M Terms
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo mixteco |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kevin Terraciano (2004). The Mixtecs of Colonial Oaxaca: Nudzahui History, Sixteenth Through Eighteenth Centuries. Stanford University Press. ISBN 978-0804751049.