Saltar ao contido

Pop punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pop-punk»)
Pop punk
e
Orixe musicalpunk rock, pop, surf rock, power pop, garage rock, new wave
Orixe culturalmediados dos 70 en Estados Unidos, Reino Unido, Canadá e outros países
Instrumentos típicosvoces, guitarra, baixo, batería e uso ocasional doutros instrumentos

O pop punk é un xénero musical que combina elementos do punk rock coa música pop en varios graos. Allmusic descríbeo como unha variante do rock alternativo que adoita a mesturar melodías pop, tempos rápidos do punk, cambios de acordes e guitarras fortes[1]. About.com definiu ás bandas pop punk contemporáneas como grupos accesibles para as radios pero mantendo aínda a velocidade e actitude do punk clásico[2].

Non está claro cando o termo pop punk foi usado por vez primeira, pero as bandas de punk rock influenciadas polo pop veñen existindo dende mediados a finais dos anos 70. Un dos primeiros usos do termo apareceu nun artigo de 1977 do New York Times, "Cabaret: Tom Petty's Pop Punk Rock Evokes Sounds of 60s". A mediados dos 90, as bandas pop punk californianas Green Day e The Offspring, que foron seguidas posteriormente por blink-182, acadarían o éxito comercial en todo o mundo. Dos 90 en diante, moitas bandas asociadas ao xénero foron descritas como "happy punk", "faux-punk", "mall punk", "pseudo-punk" ou "bubblegum punk".

  1. allmusic.com - Pop-punk
  2. "about.com - Punk pop". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2011.