Saltar ao contido

Parque provincial Algonquin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque provincial Algonquin
(en) Algonquin Provincial Park Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoparque provincial do Canadá Editar o valor en Wikidata
EpónimoPobo algonquino Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDistrito de Nipissing, Canadá, Condado de Haliburton, Canadá e Ontario, Canadá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°48′N 78°42′O / 45.8, -78.7
Características
Altitude428 m Editar o valor en Wikidata
Superficie772.300 ha Editar o valor en Wikidata
Lugar histórico nacional do Canadá
Data7 de xuño de 1992
Identificador335
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 555637720 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación23 de maio de 1893 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorOntario Parks (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webontarioparks.com… Editar o valor en Wikidata

O parque provincial Algonquin é un parque provincial de Ontario situado entre a baía xeorxiana e o río Ottawa, principalmente dentro da parte do distrito non organizado de Nipissing do Sur. Estabelecido en 1893, é o parque provincial máis antigo do Canadá.[1] Diversas ampliacións desde a súa creación aumentaron o parque ata o seu tamaño actual duns 7 653 km². O parque é contiguo a varios parques provinciais máis pequenos e separados administrativamente que protexen ríos importantes da zona, o que resulta nunha área protexida total máis grande.[2]

O seu tamaño, combinado coa súa proximidade aos principais centros urbanos de Toronto e Otava, fai de Algonquin un dos parques provinciais máis populares da provincia e do país. Dentro do parque atópanse máis de 2 400 lagos e 1 200 quilómetros de regatos e ríos. Algúns exemplos notables inclúen o lago Canoe e os ríos Petawawa, Nipissing, Amable du Fond, Madawaska e Tim. Estes formáronse polo retroceso dos glaciares durante a última idade de xeo.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

Dentro dos límites do parque, sábese que viven o seguinte número de especies: 53 especies de mamíferos, 272 especies de aves, 31 especies de réptiles e anfibios, 54 especies de peixes, preto de 7 000 especies de insectos, máis de 1 000 especies de plantas e máis de 1 000 especies de fungos.[3] Entre os animais que habitan o parque destacan os alces,[4] osos negros,[5] cervos virxinianos,[6] gaios do Canadá,[7] castores,[8] raposos comúns,[9] mouchos grises[10] e lobos.[11]

Os bosques de pradairo azucreiro, abeto e bidueiro amarelo son comúns no parque Algonquin. Os investigadores deron con árbores dos bosques primarios de Algonquin de ata 430 anos utilizando o reconto de aneis e ata 610 anos usando técnicas de estimación. Algúns dos bosques primarios do parque Algonquin atópanse na zona de uso recreativo e están dispoñibles para a explotación forestal.[12]

  1. "Le parc provincial Algonquin". Goberno de Ontario (en francés). 2 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  2. "Frequently Asked Questions (FAQ's) | Algonquin Provincial Park | The Friends of Algonquin Park". www.algonquinpark.on.ca. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  3. "Natural and Cultural History | Algonquin Provincial Park | The Friends of Algonquin Park". www.algonquinpark.on.ca. Consultado o 3 de maio de 2023. 
  4. "Algonquinprovincialpark.ca l Algonquin Park Accommodations l Whitney Ontario l Algonquin Food and Dining l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park Shopping l Algonquin Park Camping l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park wildlife l Algonquin Park Trails l Algonquin Park Fishing l Look Out Trail". Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  5. "Algonquinprovincialpark.ca l Algonquin Park Accommodations l Whitney Ontario l Algonquin Food and Dining l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park Shopping l Algonquin Park Camping l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park wildlife l Algonquin Park Trails l Algonquin Park Fishing l Look Out Trail". Arquivado dende o orixinal o 4 de outubro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  6. "Algonquinprovincialpark.ca l Algonquin Park Accommodations l Whitney Ontario l Algonquin Food and Dining l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park Shopping l Algonquin Park Camping l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park wildlife l Algonquin Park Trails l Algonquin Park Fishing l Look Out Trail". Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  7. "Algonquinprovincialpark.ca l Algonquin Park Accommodations l Whitney Ontario l Algonquin Food and Dining l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park Shopping l Algonquin Park Camping l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park wildlife l Algonquin Park Trails l Algonquin Park Fishing l Look Out Trail". Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  8. "Wildlife Viewing - Park Info - Discover Algonquin Park". 
  9. "Algonquinprovincialpark.ca l Algonquin Park Accommodations l Whitney Ontario l Algonquin Food and Dining l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park Shopping l Algonquin Park Camping l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park wildlife l Algonquin Park Trails l Algonquin Park Fishing l Look Out Trail". Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  10. "Algonquinprovincialpark.ca l Algonquin Park Accommodations l Whitney Ontario l Algonquin Food and Dining l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park Shopping l Algonquin Park Camping l Algonquin Park Outfitters l Algonquin Park wildlife l Algonquin Park Trails l Algonquin Park Fishing l Look Out Trail". Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  11. "Algonquin wolf | ontario.ca". www.ontario.ca. Consultado o 3 de maio de 2023. 
  12. M. Henry; P. Quinby (2008). "A Preliminary Survey of Old-Growth Forest Landscapes on the West Side of Algonquin Provincial Park, Ontario" (PDF). ancientforest.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de maio de 2023. Consultado o 3 de maio de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]