Saltar ao contido

Charles Conrad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pete Conrad»)
Modelo:BiografíaCharles Conrad

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Charles Conrad, Jr. Editar o valor en Wikidata
2 de xuño de 1930 Editar o valor en Wikidata
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 1999 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Ojai, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de motocicleta Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 11, Site 113-3 38°52′22″N 77°04′27″O / 38.87275, -77.0742 Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPete Conrad Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Princeton - enxeñaría aeroespacial (–1953)
The Haverford School (en) Traducir
Darrow School
Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta (1962–1973), aviador, oficial, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1969 Editar o valor en Wikidata)
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarcaptain (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Tempo no espazo49 días, 3 horas e 38 minutos Editar o valor en Wikidata
Misión do astronauta
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJane Conrad (1953–1988) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
19 de novembro de 1969-20 de novembro de 1969camiñata na Lúa Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.584) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0175616 WikiTree: Conrad-1948 Find a Grave: 5852 Editar o valor en Wikidata

Charles "Pete" Conrad Jr., nado en Filadelfia, Pensilvania, o 2 de xuño de 1930 e finado o 8 de xullo de 1999 a consecuencia das feridas nun accidente de ciclomotor, foi un astronauta norteamericano.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Conrad estudou na escola Haverford, en Haverford, Pensilvania, e na escola Darrow en Nova Lebanon (Nova York). Graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Princeton en 1953 e era máster por Princeton en 1966. Recibiu un doutoramento honorario en dereito pola Universidade Lincoln-Weslyan en 1970 e outro en ciencias polo Kings College de Wilkes-Barre, en Pensilvania, en 1971.[1][2]

Despois da súa graduación en 1953, Conrad entrou na armada e converteuse en aviador naval. Máis tarde fíxose piloto de probas en Patuxent River, Maryland, traballando tamén como instrutor de voo e enxeñeiro na escola de pilotos de proba. Foi seleccionado como astronauta da NASA en setembro de 1962. Voou por primeira vez na misión Gemini 5, establecendo un récord de duración de permanencia no espazo. Comandou a misión Gemini 11, establecendo un récord de altitude, e foi comandante da misión Apollo 12, a segunda aluaxe da historia. A última misión na que participou foi, tamén como comandante, a Skylab 2. Conrad retirouse da NASA en decembro de 1973.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Conrad, Charles Jr 'Pete'" (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xullo de 1999). "CHARLES CONRAD, JR., (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de abril de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]