Pristigastéridos
Pristigastéridos Pristigasteridae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pristigaster cayana | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos pristigastéridos (Pristigasteridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos clupeiformes, e suborde dos clupeoideos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1872 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Pristigasteridae está formado, como é a norma, sobre o nome do xénero tipo da familia, Pristigaster, coa adición do sufuixo do latín científico -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
Xéneros
[editar | editar a fonte]Na actualidade na familia recoñécense os seguintes xéneros:[1]
- Chirocentrodon Günther, 1868
- Ilisha Richardson, 1846
- Neoopisthopterus Hildebrand, 1948
- Odontognathus Lacepède, 1800
- Opisthopterus Gill, 1861
- Pellona Valenciennes, 1847
- Pristigaster Cuvier, 1816
- Raconda Gray, 1831
Características
[editar | editar a fonte]Externamente diferéncianse das especies da familia dos clupeidos pola súa alongada aleta anal, que ten polo menos 30 radis brandos.[2]
As pequenas aletas pelvianas están notabelmente desprazadas cara a adiante.[3]
Distribución
[editar | editar a fonte]Son especies mariñas que se distribúen por todos os océanos tropicais, e tamén hai algunhas dulciacuícolas distribuídas por ríos de Suramérica e do sueste asiático.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pristigasteridae Bleeker, 1872 no WoRMS. Consultado o 3 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Berra, Tim (2001): Freshwater fish distribution. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-0805-3201-1.
- ↑ de Pinna, M. C. C. e F. Di Dario (2003): "Pristigasteridae". En R. E. Reis, S. O. Kullander e C. J. Ferraris, Jr. (eds.) Checklist of the Freshwater Fishes of South and Central America. Porto Alegre, Brasil: EDIPUCRS. ISBN 85-7430-361-5, pp. 43-45.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pristigastéridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pristigastéridos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Family Pristigasteridae Arquivado 03 de agosto de 2022 en Wayback Machine. en FishBase.