William de Camargo
Nome orixinal | William de Camargo Escobar | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 27 de febreiro de 1999 (25 anos) São José do Rio Preto, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,69 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2017 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
William de Camargo Escobar, nado en São José do Rio Preto o 27 de febreiro de 1999, é un futbolista brasileiro, que pode alternar as posicións de centrocampista e dianteiro. Dende 2024 milita no Ourense CF, da Primeira Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do São Paulo FC, ao que se incorporou no ano 2013. Tras rematar o seu contrato co club brasileiro, o xogador de 18 anos marchou a España, onde entrou na canteira do CD Leganés en abril de 2017.[1]
Xogou co equipo madrileño na División de Honra e o 25 de febreiro de 2018 fixo o seu debut co Leganés B en Terceira División, nunha vitoria por 5 goles a cero fronte ao CDF Tres Cantos.[2]
No verán de 2018 realizou toda a pretemporada co primeiro equipo e o 30 de agosto saíu cedido durante unha campaña ao FC Karpaty Lviv, da Primeira División de Ucraína.[3] Debutou como profesional o 15 de setembro, substituíndo a Marian Shved nun partido que acabou cunha derrota por 0-1 contra o FC Vorskla Poltava.
En setembro de 2019 foi cedido ás filas do FC Cartagena.[4][5] En principio chegou para reforzar o equipo filial de Tercera División,[6] pero converteuse rapidamente en xogador do primeiro equipo, da Segunda División B.[7] Disputou 22 partidos co equipo principal, adestrado na primeira parte da tempada por Munúa e na segunda por Borja Jiménez, e marcou tres goles, contribuíndo a que o conxunto rematase primeiro do Grupo IV, cando a pandemia de COVID-19 paralizou a competición. En xullo foi titular no partido da promoción de ascenso contra o Atlético Baleares, na que o Cartagena venceu na quenda de penaltis, regresando así á Segunda División oito anos despois.[8]
A súa cesión foi ampliada por un ano máis e debutou na Segunda División na primeira xornada da tempada 2020/21, contra o Oviedo no Carlos Tartiere. Xogou once encontros máis, aínda que só dous deles como titular, e en xaneiro púxoselle fin á cesión.[9] No mesmo día foi cedido novamente, esta vez ao Valencia Mestalla, da Segunda División B, co que disputou 12 encontros ata o remate da tempada.
En xullo de 2021 anunciouse a súa chegada ao Deportivo da Coruña, na súa terceira cesión consecutiva.[10] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[11] Disputou un total de 35 partidos co equipo coruñés, incluídos os dous partidos da promoción de ascenso, e marcou 4 goles.
Para a tempada 2022/23 foi cedido ao KMSK Deinze, da Segunda División de Bélxica.[12] Apenas tivo participación no equipo da cidade de Deinze, disputando só tres partidos. Despois de varios meses sen equipo, en febreiro de 2024 fichou polo Fuenlabrada, onde tampouco tivo continuidade, xogando só 181 minutos ata o final da tempada.
En setembro de 2024 regresou a Galicia para asinar como novo xogador do Ourense CF, club que viña de ascender á Primeira Federación.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Promessa que foi embora após São Paulo negar aumento fecha com time B de 'nanico' da Espanha". ESPN (en portugués). 2 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El Leganés B gana por 0-5 al Fútbol Tres Cantos" (en castelán). 26 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El canterano William, cedido al Karpaty FC ucraniano" (en castelán). 30 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El brasileño William de Camargo, segundo cedido por el Leganés" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William de Camargo, cedido una temporada al F.C. Cartagena" (en castelán). 2 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William: "Aún tengo que aprender y mejorar para dar más rendimiento al Cartagena"" (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William disfruta por sorpresa tras un verano lleno de dudas" (en castelán). 8 de outubro de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ Mainez, Rafa (20 de xullo de 2020). "El Cartagena consigue el ascenso a Segunda tras ganar al Baleares en penaltis". Marca (en castelán). Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "El jugador William de Camargo se desvincula del FC Cartagena" (en castelán). 14 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "William de Camargo, novo xogador do Dépor 2021-2022". 5 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "El Lega manda cedido a William de Camargo a la Segunda de Bélgica" (en castelán). 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "El exjugador del Dépor William de Camargo, fichaje de lujo para el Ourense CF". La Región (en castelán). 6 de setembro de 2024. Consultado o 12 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).