Teatro Negro
O Teatro Negro (en checo: černé divadlo)[1] é un tipo de representación escénica caracterizada polo uso dun escenario na escuridade ou cunha iluminación estratéxica para facer un xogo de luz e sombras. A pesar de que o formato está diseminado por todo o mundo, é predominante en Praga (República Checa) onde é considerado unha auténtica manifestación, existindo na capital bohemia nove compañías en actividade.
Formato
[editar | editar a fonte]Distínguese doutros tipos de representación teatral co uso de cortinas negras, un escenario escuro, lanternas negras e traxes fosforescentes. A técnica denominada "caixa negra" foi desenvolvida por Georges Méliès e polo innovador Constantin Stanislavski. A danza, as representacións mímicas e as acrobacias teñen, así como os demais recursos, unha importancia recoñecida dentro do Teatro Negro.
Historia
[editar | editar a fonte]Unha técnica anterior xurdiu na China e estendeuse cara ao Xapón no século XVIII,[1] onde un boneco teatral, o Bunraku, era utilizado. O moderno teatro negro xurdiría con George Lafaille, que abertamente se denomina "o pai do teatro de luz negra".
Un formato cunha nova linguaxe e cores, co uso da luz ultravioleta,[1][2] xurdiu en Praga durante o réxime ditatorial como forma de expresar opinións e ideas, especialmente nun contexto totalitario en que era necesario usar a creatividade contra a represión. O escenario escuro e o espectáculo mudo serían referencias ao réxime.
A primeira compañía teatral, o Teatro Negro de Praga, xurdiu en 1961 co director artístico Frantisek Kratochvíl e Jiri Smec, introdutor de elementos innovadores no antigo teatro chinés. O teatro Image dende o ano 1990 acadou éxito non só no escenario de Praga senón tamén o exterior. Segue buscando novas formas de expresión tratando de superar os límites da tecnoloxía do teatro negro, baile contemporáneo, pantomima e deseños de vestimenta.
Teatro de luz negra hoxe en día
[editar | editar a fonte]Só se poden ver partes do corpo deste artista debido ao traxe especial. Hoxe en día hai moitas compañías de teatro de luz negra fóra de Praga (Hungría, Ucraína, Alemaña, Estados Unidos) intentando facer espectáculos similares aos teatros de luz negra en Praga. A escena de Praga cambiou a súa cara ao estilo do século XX: a danza moderna estivo involucrada, os deseños de traxes tornáronse máis eficaces, os concertos de teatro de luz negra volvéronse máis musicais. Praga aínda é fogar do teatro de luz negra: centos de miles de turistas visitan os seus espectáculos cada mes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wow Show Prague. History of The Black Light Theater, acceso en 5 de xuño de 2010
- ↑ Guia de Praga. Cultura em Praga