Saltar ao contido

Terras Austrais e Antárticas Francesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Territorios Austrais Franceses»)
Modelo:Xeografía políticaTerras Austrais e Antárticas Francesas
Terres australes et antarctiques françaises (TAAF) (fr)
Francúzske južné a antarktické územie (sk) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2016)

HimnoLa Marseillaise Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°S 67°L / -43, 67
EstadoFrancia Editar o valor en Wikidata
CapitalPort-aux-Français (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación196 (2012) Editar o valor en Wikidata (0,03 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie7.829 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación6 de agosto de 1955 Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.tf Editar o valor en Wikidata
Código de paísTF e FQ Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-TF Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE984 Editar o valor en Wikidata

Páxina webtaaf.fr Editar o valor en Wikidata
Facebook: TAAFofficiel Twitter: TAAFofficiel LinkedIn: terres-australes-et-antarctiques-françaises Youtube: UCuY4w0QrdzrKpJwJm9VGNeA Flickr: 131197596@N08 Editar o valor en Wikidata

Os Territorios Austrais Franceses[1] (francés: Terres australes et antarctiques françaises, TAAF) son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente. Consisten en:

  1. Illas Kerguelen ( Archipel des Kerguelen), un grupo de illas volcánicas no sur do océano Índico, ao sueste de África, aproximadamente equidistante entre África, Antártida e Australia;
  2. Saint-Paul e as illas Amsterdam, un grupo ao norte das Kerguelen;
  3. Illas Crozet ( Îles Crozet), un grupo no sur do océano Índico, ao sur de Madagascar;
  4. Terra Adelia ( Terre Adélie), a demanda francesa no continente da Antártida;
  5. As Illas dispersas do Océano Índico (Îles Éparses), un grupo disperso de illas ao redor da costa de Madagascar.

Ás veces o territorio denomínase Territorios Austrais Franceses (francés: Terres australes françaises) ou territorios meridionais franceses, normalmente para resaltar o non recoñecemento da soberanía francesa sobre a Terra Adelia como parte do sistema do Tratado Antártico.

Aproximadamente de 150 (no inverno) a 310 (no verán) persoas viven nas terras meridionais e antárticas francesas pero só son militares, funcionarios, investigadores científicos e persoal de apoio. O territorio non ten legalmente poboación civil permanente.[2]

O 5 de xullo de 2019, as terras e mares austrais franceses foron inscritos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O territorio comprende o arquipélago de Kerguelen, o de Crozet e as Illas Saint-Paul e Amsterdam. En total o territorio posúe unha superficie de 7.829 km² (sen incluír as terras antárticas), cunha poboación variable que non supera os 200 habitantes na súa ocupación álxida. As terras antárticas que Francia reivindica é a denominada Terra Adelia (Terre Adélie), onde se sitúa a estación permanente Dumont D'Urville; en total, uns 432.000 km².

Os territorios adminístranse desde Saint-Denis, capital do departamento da illa Reunión.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

As comunidades terrestres das illas do sur son relativamente pobres e degradadas, pero o seu endemismo é alto: o 90% dos invertebrados de Crozet só viven nas illas subantárticas do océano Índico e o 55% están presentes no arquipélago. Estes actúan como sentinelas en termos de cambio climático e o impacto na capa de ozono.

Desde outubro de 2006, foi creada unha reserva natural . Inclúe todas as terras mergulladas (7.000 km²) e os espazos marítimos circundantes (15.700 km²).

Administración

[editar | editar a fonte]

Terras Austrais e Antárticas Francesas forman un territorio de ultramar de Francia desde 1955. Anteriormente, eran administrados por París por un administrador superior asistido por un secretario xeral, desde decembro de 2004, o seu administrador é un prefecto, actualmente Rollon Mouchel-Blaisot, con sede en Saint-Pierre na Illa da Reunión.

O territorio está dividido en cinco distritos:

Distrito Capital Poboación Superficie ZEE
(km²)
Inverno Verano (km2)
Terra Adelia Dumont d'Urville Station 30 110 432.000
Arquipélago Crozet Alfred Faure 25 45 352 567.475
Arquipélago das Kerguelen Port-aux-Français 70 110 7,215 563.869
Illa Saint Paul e Amsterdam Martin-de-Viviès 25 45 61 502.533
Illas dispersas(1) Saint Pierre2, Réunion 56 56 38´4 640.400
TAAF Saint Pierre3, Réunion 206 366 439.666´4 2.274.277

1 Segundo a nova lei 2007-224 do 21 de febreiro de 2007, as Illas Dispersas constitúen o quinto distrito do TAAF.[4] O sitio web da TAAF non menciona a súa poboación. Os datos non están incluídos nos totais.
2 A estación principal de Illas dispersas está na Illa Tromelin. A sede do xefe de distrito atópase fora do TAAF, en Saint Pierre na illa de Reunión.
3 A estación principal do Territorio é Martin-de-Viviès na Illa de Ámsterdam. A capital e a sede do administrador territorial atópase fora do TAAF, en Saint Pierre, na Illa da Reunión.

  1. "List of countries, territories and currencies". Interinstitutional style guide. Publications Office. 2008-06-12. Consultado o 2008-06-29. 
  2. "The TAAF do not have any permanent population." "The French Southern and Antarctic Lands". French Southern and Antarctic Lands administration. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 31 de maio de 2016. 
  3. "Five sites inscribed on UNESCO’s World Heritage List". UNESCO. 5 de xullo de 2019. 
  4. "Les îles Éparses". Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2007. Consultado o 2007-03-03.