Unión de Centro Democrático
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2018.) |
Unión de Centro Democrático (UCD) | |
---|---|
Partido político de España | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Adolfo Suárez |
Historia | |
Fundación | 3 de maio de 1977 (coalición) 4 de agosto de 1977 (partido) |
Disolución | 18 de febreiro de 1983 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socioliberalismo Democracia cristiá Monarquismo Constitucionalismo Progresismo Liberalismo Reformismo |
Posición política | Centrodereita |
Outros datos | |
Sede | Rúa Cedaceros n.º 11, Madrid |
Na rede | |
Unión de Centro Democrático (UCD) foi un partido político español de centro dereita establecido por Adolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ás primeiras eleccións lexislativas democráticas tras a morte de Franco previstas para xuño dese ano. UCD disolveuse o 18 de febreiro de 1983 tras a desfeita das eleccións xerais de 1982.
Historia
[editar | editar a fonte]A UCD formouse como un conglomerado de personalidades políticas que representaban siglas que apenas tiñan unha mínima estrutura, Fernando Álvarez de Miranda (PDC), Pío Cabanillas (PP), Gonzalo Casado (PSI), Manuel Clavero (PSLA), Francisco Fernández Ordóñez (PAD), Juan García Madariaga (PPL), Joaquín Garrigues (FPDL), Enrique Larroque (PL), José Ramón Lasuén (FSD), José Luis Meilán Gil (PGI), Lorenzo Olarte (UC), Eurico de la Peña (USDE), Antonio Pérez Crespo (UDM), Enrique Sánchez de León (AREX) e Ignacio Camuñas (PDP) baixo o liderado de Adolfo Suárez. Nas eleccións lexislativas de 1977 conseguiu o 34.44% dos votos e 166 escanos, a maioría relativa no Parlamento que elixiu Adolfo Suárez como presidente do goberno. O 4 de agosto a UCD transformouse nun partido político e con 3 dos 7 poñentes foi clave na elaboración da Constitución de 1978.
En 1978 celebrou o seu primeiro congreso nacional que elixiu como presidente a Adolfo Suárez e como secretario xeral a Rafael Arias Salgado. Nas eleccións de 1979 tivo o 34.84% dos votos e 168 escanos. O crecemento da UCD continuou ata 1981 pero a partir dese momento os conflitos internos e os problemas económicos deses anos acabaron por prexudicar seriamente ao partido, en xaneiro de 1981 Suárez renunciou á presidencia do goberno, substituíuno Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo e o intento de golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 cando se realizaba a votación de investidura do novo presidente agudizaron os problemas internos da UCD, Suárez deixou a UCD e formou en xuño o Centro Democrático y Social, Fernández Ordóñez e os socialdemócratas integráronse no PSOE, Miguel Herrero e outros tres deputados marcharon a Alianza Popular ao igual que os democristiáns de Óscar Alzaga, o grupo parlamentario centrista quedou reducido a 151 escanos e Calvo Sotelo tivo que convocar eleccións para o 28 de outubro de 1982 que gañaron por maioría absoluta os socialistas, a UCD presentou como candidato a Landelino Lavilla e resultou na desfeita electoral do partido que tivo o 6.77% dos votos e tan só 11 escanos (5 procedentes de Galicia), tras a disolución do partido, nos territorios onde mantivera unha certa forza deu orixe a partidos rexionalistas ou nacionalistas como foi o caso de Galicia onde a UCD local serviu de base para a formación de Coalición Galega pero no conxunto de España a base electoral e os militantes da UCD transferiuse a Alianza Popular e en menor medida ao PSOE.