Violación en grupo
A violación en grupo ocorre cando un grupo de persoas participan na violación dunha soa vítima. A violación inclúe polo menos dous ou máis violadores (sendo o número máis común tres)[1] e é un crime que ocorre en todo o mundo.
Os culpables e as vítimas das violacións en grupo adoitan ser máis novos que os dunha violación dun só individuo, e teñen maiores posibilidades de ser persoas desempregadas. Ademais, o alcohol e as drogas son máis comúns, así como os ataques de noite.[2] As violacións en grupo adoitan ser máis violentas e ter unha maior resistencia por parte da vítima que as dun ataque individual, polo que son máis comúns as tendencias de suicidio e a busca de psicoterapia.[3]
A violación en grupo é chamada ás veces como "violación colectiva" ou "violación con múltiples perpetradores" na literatura dos estudos.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Neumann, Stephani. Gang Rape: Examining Peer Support and Alcohol in Fraternities. Sex Crimes and Paraphilia. Hickey, Eric W., 397-407
- ↑ Ullman, S. E. (1999). "A Comparison of Gang and Individual Rape Incidents". Violence and Victims 14 (2): 123–133. PMID 10418766. Consultado o 21 de maio de 2008.
- ↑ Gidycz, C. A.; Koss, M. P. (1990). "A Comparison Of Group And Individual Sexual Assault Victims". Psychology of Women Quarterly 14 (3): 325–342. doi:10.1111/j.1471-6402.1990.tb00023.x. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2016.
- ↑ Ullman, S. E. (2013). 11 Multiple perpetrator rape victimization. Handbook on the Study of Multiple Perpetrator Rape: A Multidisciplinary Response to an International Problem, Miranda A.H Horvath, Jessica Woodhams (Editors), 4, Chapter 11; ISBN 978-0415500449
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Durham, Meenakshi G. (febreiro de 2013). Taylor & Francis Online, ed. ""Vicious assault shakes Texas town": the politics of gender violence in The New York Times' coverage of a schoolgirl's gang rape". Journalism Studies 14 (1): 1–12. doi:10.1080/1461670X.2012.657907.