Visantoña, Mesía
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Visantoña.
Visantoña | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Martiño. | |
Concello | Mesía[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°08′00″N 8°18′13″O / 43.1332807, -8.30372263 |
Área | 12,1 km² |
Poboación | 498 hab. (2023) |
Densidade | 41,16 hab./km² |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Visantoña é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 498 habitantes (245 mulleres e 253 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 649 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Lindando coa parroquia de Filgueira de Traba (concello de Oza-Cesuras) está o castro da Braña. A igrexa parroquial de San Martiño de Visantoña, de construción recente, é de planta rectangular. No interior gárdase un retablo do século XVIII.
Festas
[editar | editar a fonte]- As Flores, o último domingo de maio.
- A Virxe do Rosario os días 2 e 3 de xullo.
- San Martiño o 10, 11 e 12 de novembro.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Visantoña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Visantoña no concello de Mesía (A Coruña) | |
---|---|
Busto | O Calexo | A Calzada | A Carballeira | O Castro | Covelo | Escaravelleira | Guitiriz | A Igrexa | Os Martices | A Painceira | O Pedrido | O Pousadoiro | A Ribeira | Os Ricos | O Rochiño | Seble | A Valga | Vilanova |