Yojimbo
Yojimbo | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 用心棒 Yōjinbō |
Director | Akira Kurosawa |
Produtor | Ryuzo Kikushima, Akira Kurosawa, Tomoyuki Tanaka |
Guión | Akira Kurosawa Ryuzo Kikushima |
Intérpretes | Toshirō Mifune Tatsuya Nakadai Seizaburō Kawazu Kyu Sazanka Eijirō Tōno |
Música | Masaru Satō |
Fotografía | Kazuo Miyagawa, Takao Saito |
Montaxe | Akira Kurosawa |
Estudio | Toho |
Distribuidora | Toho Company Ltd. |
Estrea | 25 de abril de 1961 |
Duración | 110 min. |
Orixe | Xapón |
Xénero | Acción, Drama |
Na rede | |
Yojimbo (用心棒 Yōjinbō?) (lit. "gorila"; gardacostas, en sentido coloquial) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1961. Está protagonizado por Toshirō Mifune, Tatsuya Nakadai, Seizaburō Kawazu e Kyu Sazanka. Ambientada no Xapón do século XIX durante o Shogunato Tokugawa, conta a historia dun rōnin que chega a unha vila onde dous xefes do crime se enfrontan pola supremacía.
Sanjuro (1962), influenciada polo éxito de Yojimbo, foi modificada para caracterizar un personaxe principal similar ó da súa predecesora.
Sinopse
[editar | editar a fonte]É o ano 1860, durante a época na que o shogunato Tokugawa está chegando á súa fin. Un rōnin, ou samurai sen amo, anda deambulando ata chegar a unha pequena cidade dividida pola guerra entre dúas bandas criminais, nunha manda Seibei e na outra Ushitora. Ushitora fora noutrora a man dereita de Seibei; a confianza deteriorouse cando Seibei determinou que o sucedería seu fillo Yoichiro.
Tazaemon, o comerciante de seda e alcalde, volve por Seibei; mentres Tokuemon, o cervexeiro, é partidario de Ushitora. Gonji, o propietario dunha pousada, aconsella ó forasteiro que se marche mentres poida, mais o rōnin pensa tirar proveito da situación.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Toshiro Mifune como Kuwabatake Sanjuro, o forasteiro
- Eijirō Tōno como Gonji, propietario da pousada
- Seizaburo Kawazu como Seibei
- Kyū Sazanka como Ushitora
- Takashi Shimura como Tokuemon, o cervexeiro
- Kamatari Fujiwara como Tazaemon, o alcalde
- Tatsuya Nakadai como Unosuke
Conflitos de autor
[editar | editar a fonte]Sergio Leone filmou Por un puñado de dólares no 1964, un remake protagonizado por Clint Eastwood, e non pagou os dereitos de autor. Tivo problemas legais; iniciouse un xuízo entre os produtores do filme xaponés de Kurosawa e a produtora de Leone. O director xaponés reclamaba a autoría do guión xunto a Ryuzo Kikushima; o xuízo resultou favorable á produtora xaponesa, atrasando dous anos a estrea da película de Leone nos Estados Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yojimbo (El mercenario), ficha da película en filmaffinity.
- Yojimbo (1961), ficha da película en IMDb.