Mostrando entradas con la etiqueta Gelria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gelria. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de noviembre de 2022

SÓS

   Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

   Roubaron-nos o Sol
   O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco


   Roubaron-nos o vento
   Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa do horizonte


   Este oucéano desatracou das costas
   e os ventos da Roseta
ourentáronse ao esquenzo

   As nosas soedades
veñen de tan lonxe

como as horas do reloxe
   Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura
   No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:

   O cadavre do mar
fixo do barco un cadaleito


   Fume de pipa                 Saudade
   Noite           Silenzo       Frío
   E ficamos nós sós
   Sin o Mar e sin o barco
   nós.

Manoel Antonio: De catro a catro (1928)

Versións:

Fanny + Alexander: Sós/S.O.S.*; Finais dos 70s, comezos dos 80s; 2007; Pista 10




Milladoiro: Sós; A quinta das lágrimas; 2008; Pista 8




Gelria: Sós; Cantos de poeta; 2016; Pista 3



*[A versión musical do grupo Fanny + Alexander está seguida polo poema S.O.S., da obra de Manoel Antonio: De catro a catro, do ano 1928.]

sábado, 28 de julio de 2018

Cousos do lobo

Cousos do lobo! Caborcos do xabarín!

Eidos soios, onde ninguén foi nin ha dir!

—O lobo! Os ollos,
o lombo do lobo!...

Baixa o lobo polo ollo do bosco
coma un sono…
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo nas follas dos carreiros
en busca de vagoada máis soia
e máis medosa…

Rastrexa… rastrexa…
párase e venta…
finca a pouta, ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca…

Uxío Novoneyra: Os Eidos (1955)

Versións:
Gelria: Cousos do lobo; Cantos de poeta; 2016; Pista 2

lunes, 18 de junio de 2018

A nena na fonte

Nena que nesa fontiña
queres encher a túa cántara,
sin conocer que non se enche
vasixa que foi rachada;
por máis que baixes os ollos,
por máis que xogues coas saias,
ben se adiviña que choras
no longo das túas pestanas…
Que esas pestanas longuiñas
non che creceron sin auga,
porque sin rego non crecen
nas veigas as espadanas.

                Orense, 1874

Curros Enríquez: Poemas soltos; Obras completas, Vol.2 (1910)

Versións:
Gelria: A nena na fonte; Cantos de poeta; 2016; Pista 1

viernes, 27 de diciembre de 2013

Acción gallega

Hino

¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.

          Antes de ser escravos,
          ¡irmáns, irmáns gallegos!
          que corra a sangre a regos
          dende a montana ó mar.

¡Ergámonos sin medo!
¡Qué o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques,
Iadróns e herexes, fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.

          Antes de ser escravos,
          ¡irmáns, irmáns gallegos!
          que corra a sangre a regos
          dende a montana ó val.

Ramón Cabanillas: Vento mareiro (1915)

Versións:
Xerardo Moscoso: Acción galega; Galicia; 1976; Cara A, Corte 9



Xerardo Moscoso: Acción galega; Acción galega; 1977; Cara A, Corte 1



Miro Casabella: Hino; Treboada; 1978; Cara B, Corte 5



Xenreira: Acción galega; Érguete; 1997; Pista 8



Gelria: Acción gallega; Cantos de poeta; 2016; Pista 4