Mostrando entradas con la etiqueta Laura Amado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Laura Amado. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de abril de 2017

No niño novo do vento

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira (1933)

Versións:
Luis Emilio Batallán: Quen puidera namorala; Ahí ven o Maio; 1975; Cara B, Corte 1



Amancio Prada: No niño novo do vento; A dama e o cabaleiro; 1987; Cara B, Corte 2



Pinky (Xosé Henrique Pintor): A pomba; Fonoteca 92 / El Correo Gallego; nº64; 1992; Cara B, Corte 4



Astarot: Quen puidera namorala; O sentir dunha terra; 2000; Pista 4



Milladoiro e Laura Amado: Quen puidera namorala; A Quinta das Lágrimas; 2008; Pista 7



Zeltia Montes: Quen puidera namorala; Pradolongo. BSO; 2008; Pista 20



Xoel López: No niño novo do vento; Eleccións Parlamento Galicia 2009. PSdeG-PSOE; 2009;



Rosa Cedrón e Cristina Pato: Pomba dourada; Soas Muller; 2010; Pista 8



Eladio y los Seres queridos e Ari Magritte: Quen poidera namorala; Cantares; 2016; Pista 9



*[Por razóns de espazo non foi posible etiquetar a Eladio y los Seres queridos, nin a Ari Magritte.]