Mostrando entradas con la etiqueta día da paz 14. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da paz 14. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de febrero de 2014

A PRIMEIRA VIDEOCONFERENCIA

 Hoxe tivemos a nosa primeira videoconferencia!!!
Comunicámonos cun grupo de rapaces/zas do Colexio "Santiago Apóstolo" de Franza e lles limos un conto que eles non coñecían.



Primeiro fixemos as presentacións.


Logo limos o conto.


Mostrando as ilustracións.


 O público manifestou a súa satisfacción.


Polo que poñerémonos en contacto máis veces para outras actividades lectoras.
Xa vos contaremos!!!



lunes, 3 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ

Neste curso os profes estámonos poñendo ao día nesto das novas tecnoloxías. Practicando cun dos programas saiunos esta presentación tan bonita. Aínda que pode resultar repetitiva despois da entrada anterior, non queriamos deixar de compartila con todos vós. Esperamos que vos guste!!

Flor Durán's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 31 de enero de 2014

PAZ - 2014

Onte, día 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz.
Toda a semana estivemos traballando o tema da paz.

Fixemos lecturas relativas ao tema. Entre todos construímos un xigantesco arco da vella pola paz. Montamos, en cartoliña, a mensaxe da paz en varios idiomas, que logo enchimos de lemas e moitas cousas máis.
Como novidade, este curso, fixemos unha solta de pombas vivas que nolas proporcionaron, moi amablemente, os membros do Club Colombófilo "Mariñas Altas" de Narón.
Aquí vai, en fotos, un resumo da xornada.