Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Fútbol
Mostrando entradas con la etiqueta Fútbol. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fútbol. Mostrar todas las entradas

15/11/10

Guardiola e o fomento da lectura

... A figura dunha icona deportiva como a de Guardiola, o adestrador de fútbol profesional co mellor palmarés do continente, asociada á lectura e ao mundo dos libro desmitifica tanto os tópicos asociados co deporte como coa lectura, actividades presentados tantas veces como afastadas, cando non abertamente incompatibles. Hai futbolistas e futboleiros amantes da lectura nos máis diversos xéneros e soportes, como hai escritores e xentes vencelladas ás industrias culturais amantes do fútbol sexa como practicantes, seareiros ou espectadores máis ou menos ocasionais. Un feito asumido dende hai tempo no Reino Unido, a sociedade onde mellor funciona esa feliz converxencia entre fútbol e lectura. Alí non é infrecuente que os clubes da Premiere Leage teñan asociado cadanseu clube de lectura ou se recoñeza cada mes na súa web oficial ao lector máis destacado do seu cadro de xogadores. Como tampouco é lenda urbana que narradores do prestixio de Nick Hornby acrediten nas lapelas das súas novelas dentro da súa formación, xunto aos seus estudos en Cambridge, a súa presenza dende a infancia no estadio de Highbury do Arsenal de Wenger e Cecs  Fábregas ...

Artigo de Manuel Bragado publicado en El faro de Vigo (15/11/2010)
Para ler o artigo completo preme aquí

11/7/10

1 GOAL FOR EDUCATION

La ironía holandesa



Han pasado 358 años desde que el holandés Jan van Riebeeck y su ejército de plantadores de lechugas se establecieran en Ciudad del Cabo e inventaran la convulsa Sudáfrica. Entonces, la Compañía Holandesa de las Indias Orientales decidió establecer al abrigo de la Table Mountain un arsenal de verduras que parara el escorbuto que asolaba sus barcos que viajaban hasta el lejano oriente. 358 años después, los nietos de los nietos de aquellos exploradores; de la religiosa tribu elegida que se ha pasado siglos huyendo de sus fantasmas (interpretaron la historia del pueblo hebreo narrada en la Biblia como propia); de los creadores del régimen racista más inverosímil del siglo XX, jugarán la final de la Copa del Mundo en el país de sus ancestros. Los boers vuelven a intentar conquistar Sudáfrica... (máis)


El otro mundial, Javier Brandoli (El mundo, 11/07/2010)

10/7/10

UN GOL POLA EDUCACIÓN



A campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN, iniciativa da Campaña Mundial pola Educación (CME), avalada polo mundo futbolístico e o equipo directivo da FIFA, quere comprometer os líderes mundiais, xunto a futbolistas e persoas afeccionadas de todo o mundo, a que unan esforzos para lograr un impulso definitivo na consecución da "Educación para todos e todas", con ocasión da Copa do Mundo da FIFA de 2010. En España, a campaña está promovida pola Coalición Española da Campaña Mundial pola Educación (CECME).



9/7/10

España é redonda



Artigo de Ignacio Escolar publicado en Público (08/07/2010) e no seu blog escolar.net (traducido ao galego):




Circula por Internet unha curiosa mobilización: que aqueles aos que o fútbol nin fu nin fa aproveiten o domingo pola tarde, ás 8:30, para saír das súas casas cámara en man, e retratar o inquietante baleiro urbano que deixará a final do Mundial. Será unha oportunidade histórica, unha eclipse extremadamente inusual; talvez o mellor momento para fotografar a alma desas cidades onde a soidade só é unha sensación anónima dentro da multitude. Este domingo será distinto, moi poucos pasearán. As previsións esperan 15 millóns de persoas fronte á televisión; a maior audiencia de nunca xamais. Media España, unha España transversal onde hai a metade de todo e que ninguén se pode apropiar, conterá ao mesmo tempo a respiración e, talvez, con sorte e unha de polbo, poida berrar outro gol. Aínda podo escoitar no patio o eco do último, o de Puyol Quen tivese dito que esas tres letras concentrasen a esencia da única e verdadeira voz colectiva!

Sorte aos que saquen fotos, non lles penso acompañar. Confésoo, eu son un novo crente, ou tal vez un infectado; aínda non sei se ten cura nin canto me vai durar. Eu era deses apolíticos aos que o fútbol lles dá máis ben igual. De neno era tan malo co balón que tecnicamente podíaseme cualificar como ambizurdo: tan torpe cunha perna como coa outra. Nunca me gustou a práctica, aínda menos a teoría; tampouco son sospeitoso de españolista radical. Racionalmente sigo sendo crítico, sospeito do pan e circo, da manda, do visceral. Emocionalmente, o racional dáme igual. Acabamos de pasar o peor trimestre do peor ano dunha crise infernal que o luns, cando espertemos, aínda estará alí. Son consciente, é só unha ilusión bastante boba, unha inútil evasión. Pero por uns días non quero saber do paro, da corrupción, do recorte de salarios, da crise mundial. Polo menos ata o domingo, España é redonda e eu quero soñar.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas