Shortcut: WD:FAQ
Help:FAQ
Jump to navigation
Jump to search
Outdated translations are marked like this.
Xeral
- Onde podo atopar as FAQ (preguntas frecuentes) na miña lingua?
- Mira a caixa "Other languages:" na parte superior desta páxina e selecciona a túa lingua. Se non aparece, significa que a páxina aínda non foi traducida a esa lingua. Para configurar unha cadea de linguas alternativas (para que Wikidata che mostre de forma automática o contido nunha lingua alternativa cando non está dispoñíbel a que escolliches) vai a Axuda:Navigating Wikidata/Opcións de Usuario.
- Como podo mudar os meus axustes de lingua? É posíbel editar datos en máis dunha lingua?
- Hai varias opcións para axustar as túas preferencias de lingua en Wikidata, mais a extensión Babel é a mellor opción para usuarios multilingües que queiran contribuír en Wikidata. A extensión permite ver e engadir información facilmente nos campos do elemento (especificamente, etiquetas, descricións e similares) en múltiples linguas. Podes activar a extensión Babel engadindo o modelo #babel na túa páxina de usuario. Bótalle un ollo a Axuda:Navigating Wikidata/Opcións de Usuario para máis detalles.
Terminoloxía
- Cal é a diferenza entre afirmacións, propiedades, e cualificadores? Onde podo atopar máis información sobre a terminoloxía de Wikidata?
- Que son tipos de datos? Cales son recollidos en Wikidata actualmente?
- Con tipos de datos referímonos aos tipos de valores de datos que poden ser agregados a unha propiedade nunha declaración. O tipo de dato dunha determinada propiedade polo tanto restrinxe que pode agregarse como valor. Por exemplo, só pode agregarse texto como valor da propiedade «cor», só poden agregarse números á propiedade «poboación», e só poden agregarse formatos de ficheiros á propiedade «multimedia Commons». Para unha lista dos tipos de datos soportados actualmente por Wikidata vexa Special:ListDatatypes. Tamén existen outros tipos en desenvolvemento que estarán dispoñibles proximamente. Para máis información, véxase Help:Properties.
- Que é un "conflito interwiki" Que podo facer a respeito deles?
- Un conflito interwiki ocorre cando dous o máis elementos existen para un concepto ou que corresponden á mesma páxina nun sitio Wikimedia, por exemplo, un artigo de Wikipedia. Por favor, da parte en Conflictos de interwikis. Véxase tamén Help:Merge.
Contribuír
- Son novo/a aquí. Que podo atopar aquí e como podo axudar?
- Dámosche a benvida! Comprácenos terte aquí. Hai moitas oportunidades de colaborar con Wikidata, desde mellorar e traducir a documentación ata planificar e propoñer novas propiedades para sustentar os datos. Se estás a buscar vías para implicarte no proxecto, recomendámosche botar un ollo a Wikidata:Contribute para ter unha idea xeral das diferentes actividades e funcións abertas aos usuarios (alén da edición de datos).
- Que debería editar?
- Se sabes como editar e desexas unha tarefa pequena para comezar, preme aquí para mellorar un elemento ao chou (esta ligazón tamén está dispoñible de xeito fixo no menu lateral esquerdo "Random page"). User:Magnus Mansketamén creou o the Wikidata Game, unha interface dinámica que permite aos usuarios mellorar Wikidata afirmación por afirmación. Podes tamén traballar nun elemento concreto para conseguir que chegue ao nivel de "showcase item" ou elemento de mostra. Os elementos de mostra debe conter alomenos dez afirmacións xunto con outros atributos. Para máis información, consulta Wikidata:Showcase items.
- Onde podo acudir para obter axuda?
- A túa primeira parada debería ser o portal de Axuda, onde encontrarás todas a documentación relacionada co uso e edición de Wikidata. Se segues atrancado, pon unha mensaxe no Project Chat.
- Que é un Wikiproxecto?
- Os Wikiproxectos de Wikidata son grupos formados por usuarios que traballan xuntos para mellorar o contido e a cobertura dunha área temática concreta. Este traballo varía e pode incluír debates e propostas de novas propiedades para apoiar a área temática, o desenvolvemento de directrices para o uso apropiado das propiedades, alcanzar outros proxectos relacionados e grupos de datos vinculados para incluílos en Wikidata, a creación de recursos de apoio á edición en wikidata (por exemplo, fontes fiables de información relacionadas co tema) e máis. Calquera persoa pode unirse a un Wikiproxecto ou crear o seu propio wikiproxecto. Para consultar a lista de Wikiproxectos actuais, por favor consulta: aquí.
Editar
- Non vexo o botón principal "edita" no elemento ou nas páxinas de propiedades. Onde está? Por que non podo ver o código fonte en todas as páxinas?
- Aínda que Wikidata esta construído en base ao paquete MediaWiki, tamén usa o software Wikibase, que permite unha tipo especial de edición deseñada especificamente para datos estruturados. En Wikidata o espazo de nomes principal e o espazo de nomes de propiedades están reservados para a edición de datos. Nas páxinas destes espazos de nomes só podes editar as partes correspondentes dun elemento ou propiedade a través das diversas ligazóns de edición. Tampouco é posible ver o código wiki nestas páxinas. Para máis información sobre a edición de elementos e propiedades, véxase Help:Items e Help:Properties.
- Como creo unha nova páxina? E un novo elemento?
- As páxinas fóra do espazo principal e do espazo de propiedades créanse do mesmo xeito que as doutros sitios Wikimedia. Para crear un novo elemento, usa a páxina Special:NewItem(tamén podes acceder premendo en "Create a new Item" no menú da esquerda). Para acceder a instrucións máis detalladas sobre como crear elementos, véxase Help:Items. Para máis información sobre a edición na wiki véxase Help:Navigating Wikidata.
- As propiedades só poden ser creadas polos creadores de propiedades e os administradores. Para propoñer unha nova propiedade véxase Wikidata:Property proposal.
- Prefiro un resume de edición na páxina de conversa para explicar cambios menores. Poderíades activar os resumos de edición?
- Sentímolo, pero os resumos de edición non están habilitados para edicións nas páxinas de elementos e propiedades nesta interface de usuario. Porén, podes introducir un resumo de edición cando revirtes ou desfas unha edición (túa ou doutra persoa). Para desfacer unha edición preme na pestana " Ver Historial", selecciona a revisión que queres cambiar e preme desfacer.
- Veño de crear un novo elemento por erro e agora preciso borralo. Onde podo solicitar axuda?
- ProbaWikidata:Requests for deletions. Existe tamén un trebello que podes configurar nas túas preferencias, chamado "RequestDeletion" que pode axudarche nesta operación. Se existise outro elemento semellante ao que vés de crear, consulta taménHelp:Merge.
- Como podo fusionar dous elementos?
- Consulta Help:Merge para obter instrucións detalladas. Existe tamén un trebello que podes configurar nas túas preferencias , chamado "Merge" que pode axudar nesta operación.
- Como borro as ligazóns incorrectas dun elemento?
- Para eliminar unha ligazón dun elemento, preme no botón [edit], selecciona o icono da papeleira, á beira da ligazón, e garda os cambios. Unha vez feito, por favor engade a ligazón eliminada ao elemento correcto ou crea un novo elemento se aínda non existe. Hai tamén un trebello que podes activar nas túas preferencias, chamado "Mover" que pode ser de axuda nesta operación.
Cando os cambios non son obvios ou sinxelos podes deixar unha nota na páxina de conversa dos elementos. Para máis información, véxase Help:Merge e Help:Sitelinks.
- Que son as fontes? Como as utilizo?
- En Wikidata, as referencias úsanse para apuntar a fontes concretas (é dicir, fontes de información) que apoian os datos achegados nunha afirmación. Algúna exemplos de fontes son: libros, publicacións científicas e artigos de xornais. Para aprender como engadir referencias a unha afirmación, véxase Help:Sources.
- Hai un elemento que xa ten unha ligazón de sitio a Wikipedia no idioma X. Quero engadir outra ligazón a sitio ao elemento para un artigo na Wikipedia no idioma X, que tamén encaixa, pero non mo permite. Que debo facer?
- Wikidata só permite unha ligazón a sitio por elemento e idioma. Verás unha mensaxe de erro cando intentes engadir unha nova ligazón de sitio a unha páxina de elemento se esa ligazón xa fora engadida a outro elemento. Para máis información, consulta Help:Sitelinks.
- Tentei engadir unha ligazón a sitio a un elemento, pero cando tentei gardalo recibín unha mensaxe de erro. Que debo facer?
- Wikidata só permite unha ligazón a sitio por elemento e idioma. Se recebes unha mensaxe de erro e cres que o elemento en cuestión é o máis axeitado para a ligazón de sitio, podes necesitar fusionar os dous elementos. Consulta Help:Merge ou visita Conflictos en interwikis para dar parte sobre un conflito.
- Como engado unha sección dunha páxina como ligazón a sitio nun elemento, por exemplo gl:Dinastía Han#Dinastía Han Occidental en Wikipedia?
- Wikidata sitelinks do not support anchors (links to a specific section of a page). If a redirect exists pointing to the anchor in question you can add the redirect as sitelink (with intentional sitelink to redirect (Q70894304) as badge). If no such redirect exists, you may consider creating one for this purpose.
- Como fago que dúas páxinas no idioma A apunten a unha mesma páxina no idioma B, por exemplo en:Cirth e en:Tengwar a de:Tengwar und Certar?
- Wikidata can only link on a one-to-one basis so these situations should be handled in the same way as anchor links (see above question). You may however connect redirects to Wikidata items (see Wikidata:Sitelinks to redirects).
- Como atopo propiedades dispoñibles para usar en Wikidata? Como saberei que propiedade usar cando edite Wikidata?
- Podes consultar Wikidata:List of properties para ver unha lista de propiedades, mantida pola comunidade. Cando buscares propiedades coa barra de busca principal do sitio, por favor, escrebe «P:» antes dos termos de busca para te asegurar de buscar no espazo de nomes de propiedades. Se non tes a certeza de que a propiedade que estás a usar fór a máis axeitada para unha declaración, consulta a páxina do discusión ou pregunta en Wikidata:Project chat. Se levas pouco tempo editando datos, pode interesarte botar unha ollada a elementos de escaparate. Os elementos de escaparate son elementos que representan completamente as capacidades de Wikidata amosando en detalle os datos que se poden almacenar en Wikidata. Poden servir como valiosos exemplos de que propiedades usar en diferentes tipos de artigos. Consulta Wikidata:Showcase items para obter máis información e exemplos.
- Segundo o historial dun artigo que modifiquei, o número de bytes subiu ou baixou de xeito moi significativo, aínda que só fixen un cambio menor. Por que ocorreu isto?
- O historial amosa o número de bytes cambiados na estutura interna de datos do elemento na base de datos. Isto foi reportado en phab:T41189.
- Quero engadir unha etiqueta/descrición/alias para un idioma novo, pero cando fago clic en «editar» non aparece o idioma. Como podo engadilo?
- Polo momento isto é imposible por defecto; véxase phan:T126510. O conxunto de idiomas amosados pode personalizarse, véxase Help:Navigating Wikidata/User Options. Os usuarios rexistrados poden activar o trebello labelLister. Ou podes tamén usar Special:SetLabelDescriptionAliases.
Navegando polo sitio
- Non entendo os nomes das ligazóns. Q142? P1082? Que significan as letras e os números?
- Todas as páxinas nos espazos de nomes principal e de propiedades rematan nun identificador único no formato Q### ou P###. Estes identificadores representan elementos e propiedades Wikidata, respectivamente; por exemplo, Q142 é para o elemento en Francia e P1082 é para a propiedade de poboación. Os números nos identificadores son asignados na orde na que foron creados os elementos e propiedades en Wikidata. Usando códigos identificadores, Wikidata admite o ingreso de datos plurilingües sen favorecer a ningún idioma en particular.
- Como funcionan as pesquisas?
- As dúas opcións de busca principais son Buscar y Elemento por título. A primeira é a busca máis ampla posible en todas as linguas e todos os espazos de nomes. A segunda busca no espazo de nomes principal só un elemento en Wikidata nunha lingua dada que teña un título idéntico ao valor inserido. Intenta ambas opcións para asegurarte de atopar un artigo existente. Para máis información, véxase Help:Navigating Wikidata.
- Para que é o espazo de nomes principal de Wikidata?
- O espazo de nomes principal en Wikidata está reservado só para elementos. As páxinas neste espacio de nomes coñécense como páxinas de elementos e titúlanse segundo os seus identificadores únicos (Q###). Para obter máis información sobre os espazos de nomes de Wikidata, consúlteste Help:Namespaces.
Outros sitios Wikimedia
- Como podo usar datos de Wikidata no meu proxecto de Wikimedia?
- Se Wikidata foi integrada na túa wiki, podes acceder aos seus datos mediante o uso dunha función parser ou un módulo Lua. Pódense construír modelos para facilitar aos contribuíntes o acceso aos datos. Véxase Como usar datos en proxectos de Wikimedia.
- Cando se integrará Wikidata en Incubator/o antiguo Wikisource/Wikiversidade?
- O software Wikibase non admite isto polo momento. Wikibase asume que unha wiki dada ten unha única páxina sobre un tema dado, e cambiar isto pode obrigar a refactorizar o código. Máis información en phab:T54971.
- Denotaranse en Wikidata dalgún xeito os artigos destacados de Wikipedia, os bos artigos e outras páxinas de cualidade?
- Hai varios distintivos dispoñibles, véxase Special:SetSiteLink. Se desdexas engadir un novo distintivo que non figure na lista, podes contactar co equipo de desenvolvemento.
- Como podo crear unha ligazón a Wikidata dende as Wikipedias ou outros sitios de Wikimedia?
- Segundo Meta-Wiki, engade
[[d:Q39715]]
ou[[d:Special:ItemByTitle/enwiki/Lighthouse]]
ao wikitexto da páxina do sitio de Wikimedia.
- Segundo Meta-Wiki, engade
- Engadín unha ligazón a sitio a un elemento para unha nova páxina noutro sitio Wikimedia. Canto tempo tardarán as ligazóns de sitio en aparecer alí?
- Normalmente, non máis duns minutos. Podes ver as ligazóns de sitio inmediatamente se purgares a caché na páxina do sitio Wikimedia correspondente (podes facer isto engadindo
?action=purge
ao remate da súa URL). Para máis información sobre como adicionar ligazóns a sitios, véxase Help:Sitelinks.
- Normalmente, non máis duns minutos. Podes ver as ligazóns de sitio inmediatamente se purgares a caché na páxina do sitio Wikimedia correspondente (podes facer isto engadindo
- Podo editar Wikidata directamente en artigos doutros proxectos Wikimedia?
- Actualmente isto non é posible. Pero nun futuro, os editores doutros proxectos de Wikimedia poden ter outras opcións para editar os datos de Wikidata que usan. Pode seguirse o progreso neste ámbito en phab:T136599. Ademais, existen trebellos de terceros para esto: WE-Framework é un exemplo.
español
- Como fago unha ligazón entre unha categoría de Commons e Wikidata?
- Se é posible, una categoría de Commons debería ser ligada cun elemento de categoría en Wikidata, baixo a sección «Outros sitios» (como en Category:London (Q7149656)). Tamén se engade unha declaración Commons category (P373) no seu elemento correspondente, (London (Q84)), xa que algunhas ferramentas non buscarán elementos de categoría para atopar a categoría de Commons. Se non hai elemento de categoría, pódese engadir a categoría de Commons á sección «Outros sitio» dun elemento principal, como se fixo en Old War Office Building (Q58454576). Existe un bot que engade as declaracións Commons category (P373), polo que normalmente non cómpre facer isto a man.
Wikipedia e Wikidata
A integración de Wikidata en Wikipedia, ao ser o proxecto máis significativo no movemento Wikipedia, crea algunhas preguntas e preocupacións comúns.
- Como se usa Wikidata en Wikipedia?
- Wikidata xa está a ser usada para unha serie de funcións en Wikipedia. Algunhas destas son obscuras para os usuarios, e outras son máis visibles. Pódense consultar os pormenores en Wikidata:Wikidata in Wikimedia projects.
- Dende o 2013, todas as ligazóns interlingüísticas foron manexadas por Wikidata. Os identificadores no cadro «Control de autoridades» no pé de moitos artigos nas edicións de Wikipedia tamén está tomada de Wikidata. Varias edicións de Wikipedia en distintas linguas fan tamén agora un uso extensivo dos cadros de información alimentados por Wikidata.
- En 2017, o 100 % dos artigos da Wikipedia Interlingua usaban cadros de información e ningún contiña datos locais, e a Wikipedia en catalán informou que mais de 300 000 dos seus 600 000 artigos (ou aproximadamente o 58 %) usaban cadros de información derivados de Wikidata. Wikipedia en francés tamén contén decenas de miles de cadros de información creados a partir de Wikidata. Porén, curiosamente, a Wikipedia en inglés non adoptou a gran escala os cadros de información impulsados por Wikidata, xa que a comunidade está a debatir canto usalos.
- Como lidia Wikidata co vandalismo?
- Wikidata fai uso da patrulla de cambios recentes, ademais de ORES, unha ferramenta de IA que axuda a atopar posibles edicións de mala fe. Tamén hai ferramentas externas que permiten aos usuarios revisar cambios nun certo ámbito (por exemplo, por idioma). Aínda así, Wikidata adoita ter un nivel de vandalismo moito menor que Wikipedia, en gran parte porque é relativamente nova e menos coñecida. Porén, ao ser usada cada vez máis en cadros de información e rexistros de control de autoridades, pode ter que enfrontar máis desafíos.
- Ten Wikidata unha política de Biografía de Persoas Vivas?
- En 2018, Wikidata:Living people é adoptada como unha política oficial.
Outros
- Como fago unha lista dos artigos?
- Busca o elemento do que desexas facer unha lista e toma nota do número Q do elemento. Logo, substitúe o 42 na seguinte URL co número Q do elemento do cal queres facer unha lista, e segue a ligazón resultante: https://www.wikidata.org/w/api.php?action=wbgetentities&format=xml&props=sitelinks&ids=Q42
- Como fago unha ligazón directa a un recurso de Wikipedia usando o número de identificador de elemento de Wikidata?
- Usando el formulario Special:GoToLinkedPage. No primeiro campo («Sitio»), insire o código de idioma e o código de sitio (ex.: «eswiki»). No segundo campo («ID do elemento»), insire o ID do elemento, incluíndo o prefixo Q (exemplo: Q2063748). Alternativamente, pódense especificar parámetros directamente na ligazón (exemplo: Special:GoToLinkedPage/eswiki/Q2063748).