Wikidata:Titoriais/Declaracións

From Wikidata
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of the page Wikidata:Tours/Statements and the translation is 100% complete.

Benvida/o ó titorial de declaracións

Wikidata
Wikidata

Benvida/o de novo, aledámonos de que sigas connosco! Neste segundo titorial aprenderás sobre a edición avanzada en Wikidata e como crear declaracións para elementos.

Por favor, ten en conta que a páxina que se amosa de fondo é só unha réplica dunha páxina real (podes considerala como a zona de probas onde experimentas e tentas novas cousas). Os teus cambios non aparecerán en Wikidata, así que non tes que te preocupar polas edicións que fagas neste espazo. Comecemos!

Afirmacións

Na guía-titorial de elementos aprendiches como engadr etiquetas e descricións ós elementos para identificar, diferenciar e representar o coñecemento en Wikidata. Aínda que as etiquetas e as descricións son importantes, son só o principio: hai moitos máis datos que poden ser engadidos ós elementos!

Todos estes datos (o que coñecemos como conceptos, temas e obxectos)quedan recollidos en Wikidata a través das "afirmacións".

As afirmacións engádenselle ós elementos, oa mesmo xeito que as etiquetas e descricións. Analisemos máis polo miúdo a nosa páxina de elemento para o planeta Terra e comprobemos como funciona.

Declaracións

Todas as páxinas de elementos teñen unha sección de "Afirmacións" que pode incluir un número indeterminado de filas que conteñen diferentes cousas: palabras, números ou mesmo imaxes. Isto pode semellar complicado, pero é bastante intuitivo. Analisemos agora polo miúdo unha destas filas.

Propiedades e valores

Esta fila é unha afirmación sobre a Terra. A afirmación está formada por unha categoría de datos, que aparece á esquerda e a entrada que lle corresponde, que aparece á dereita. En Wikidata a unha categoría de datos chamámoslle "propiedade" e ós datos que describen un elemento en relación a unha propiedade chamámoslle "valor"

Nesta afirmación, a propiedade da Terra é "punto máis elevado" e o valor é "Monte Everest".

Propiedades e valores

Deámoslle utilidade ó que aprendemos.

Cal das seguintes consideras ti que sería un bo exemplo de parella propiedade-valor para un planeta?

tipo de órbita- chamado por
data de descuberta - 23 de setembro de 1846
sistema solar - monte Everest

Preme a frecha para dar coa solución correcta.

Propiedades e valores

tipo d órbita- chamada por
data de descuberta - 23 setembro de 1846
sistema solar- monte Everest

O 23 de setembro de 1846 resulta ser a time of discovery or invention (P575) de Neptuno e representa o único exemplo que é á vez unha propiedade e un valor.

Máis cousas sobre propiedades

Hai algunhas cousas básicas que debemos ter en conta cando traballamos con propiedades:

  • As propiedades adoitan ter un único nome que as distingue claramente, como "color", "país de nacionalidade" e "irmá".
  • As propiedades poñen límites e definen que tipo de valores poden ser engadidos a un elemento. Por exemplo, a propiedade "data de descuberta" esixe un valor de tipo data e non aceptará calquera cousa, como "azul" ou "Francia". Estas restricións protexen Wikidata do vandalismo.

entendíchelo? Agora imos engadir a nosa primeira información ó elemento Terra.

Creando unha afirmación

Engadamos unha información que permita á xente coñecer que a Terra pertence ó Sistema solar.

Necesitaremos unha nova fila, así que premeremos en [engadir] á fin da sección "Afirmacións" (facendo isto pasarás ó paso seguinte).

Creando unha afirmación

Imos engadir a propiedade "é parte de". Wikidata fornécenos de suxestións automáticas a través do "recomendador de entidades": comeza a teclear é parte de no campo propiedade e deberían aparecerche no menú despregable. Selecciona o que precises para engadilo á túa afirmación e preme a frecha para continuar.

Creando unha afirmación

Agora, no campo baleiro a carón da túa propiedade, comeza a teclear Sistema solar. O menú despregable amosará todos os elementos con correspondencia en Wikidata. Preme no elemento que mellor coincida co que buscas (pista: non é a canción dos Beach Boys!). Preme "publish" cando remates e a túa afirmación engadirase á paxina.

Parabéns!

Parabéns! Vés de completar a Guía-Titorial sobre afirmacions e edición avanzada de elementos en Wikidata.

Queres continuar a editar? Se estás preparado/a para abandoar a zona de probas e pasar a editar no espazo de edición real, as ligazóns que achegamos a continuación axudaranche a comezar:W

Queres aprender máis? Preme aquí para voltar ó Portal de guías e titoriais.

Aínda tes dúbidas? Fala con alguén a traves da parola en tempo real de IRC #wikidataconnect ou consulta as seguintes páxinas :