Actualidade

Noticia4 de agosto de 2026

Digna de confianza: 10 universidades crean a rede 'ConfIA' para impulsar unha IA confiable e responsable

A USC participa a través do CiTIUS nesta nova alianza estatal, que promoverá proxectos de investigación conxuntos, a captación de financiamento competitivo, a mobilidade e atracción de talento e a transferencia de coñecemento á sociedade.

Noticia7 de xullo de 2026

Unha década de Inside The lab: ábrense de novo as portas ás empresas do sector tecnolóxico

Volve Inside the Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS perante o mundo da empresa e a administración.

Noticia2 de xullo de 2026

O director da Axencia Estatal de Investigación interésase polo modelo de investigación, transferencia e innovación do CiTIUS durante a súa visita ao centro

José Manuel Fernández de Labastida, máximo responsable da Axencia Estatal de Investigación (AEI), coñeceu de primeira man a estratexia científica do CiTIUS, a súa capacidade para atraer talento investigador e algunhas das iniciativas que exemplifican a aposta do centro pola excelencia, a transferencia de coñecemento e a innovación.

Noticia16 de xuño de 2026

Ramón López de Mántaras, presidente da Comisión Científica Externa do CiTIUS, recibe o Premio Colexiado de Honra CPEIG

A entrega tivo lugar na gala da 'XVIII Noite da Enxeñaría Informática Galega', celebrada o venres 12 de xuño en Santiago.

Noticia12 de xuño de 2026

'HYBRIDS' culmina en Italia catro anos de investigación para combater a desinformación con IA

O encontro final da rede doutoral europea coordinada polo CiTIUS reunirá en Trento especialistas internacionais en intelixencia artificial, comunicación dixital e políticas públicas para analizar os desafíos que supoñen a desinformación, a polarización e os modelos xenerativos nas sociedades democráticas.

Noticia10 de xuño de 2026

O Foro ALIA impulsa a transferencia da IA en galego ao tecido produtivo

O encontro, impulsado polo Proxecto Nós a través do Instituto da Lingua Galega e do CiTIUS da USC, reuniu empresas, persoal investigador e institucións para presentar casos de uso empresariais desenvolvidos a partir dos recursos lingüísticos e tecnolóxicos do ecosistema ALIA.

Noticia9 de xuño de 2026

O CiTIUS reforza o papel de Santiago como punto de encontro global para as tecnoloxías de nova xeración aplicadas á observación da Terra

A quinta edición da IEEE HDCRS Summer School regresa a Santiago de Compostela para celebrar a súa terceira edición consecutiva no CiTIUS, reunindo persoas expertas procedentes da academia, centros de investigación, axencias espaciais e empresas tecnolóxicas para explorar o futuro da intelixencia artificial, a computación de altas prestacións, as tecnoloxías cuánticas e a observación da Terra.

Noticia2 de xuño de 2026

A primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial da USC responde á demanda de empresas, administracións e da investigación

A Universidade de Santiago celebra a graduación da primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial, unha titulación pioneira que culmina o seu primeiro ciclo formativo respaldada por unha ampla rede de colaboración con empresas e institucións, cunha participación decisiva do CiTIUS na docencia, na investigación e na formación práctica do alumnado.

Noticia15 de abril de 2026

Presentan 'DigiTrack', unha ferramenta pública para entender como evolucionan os Dereitos Dixitais en internet

A plataforma, desenvolvida polo CiTIUS en colaboración coa Fundación Hermes, enmárcase no Observatorio de Dereitos Dixitais (ODD), co apoio de Red.es