Para calquera consulta tedes á vosa disposición o meu enderezo electrónico discoscaramelo@gmail.com. As ligazóns que facilito xa están na internet. Este blog está creado para a difusión de música, e non ten ánimo de lucro, calquera que faga unha descarga debería borrar o contido en 24 horas. Se alguén considera que algún material ou información non debise estar incluído neste blog contactade conmigo na direción de correo do blog. Benvidos a DISCOS CARAMELO
Amosando publicacións coa etiqueta Ernst Busch. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ernst Busch. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de abril de 2020

La Larga Noche del Fascismo (1977)

Dateino en 1977 pero a verdade é que non estou seguro da data destes casetes.

Estes dous casetes piratas tiveron polo menos duas tiradas (unhas venderonse a 150 pts e as outras a 300 pts) e foron gravados en cintas virxenes, de distintas marcas polo que puiden comprobar (cheguei ter duas edicións).

Gravacións divididas en dous casetes:
  • PARTE I: República y Guerra Civil
  • PARTE II: Exilio - Cárcel - Represión - Guerrilla

Extraña compilación de cancións, poemas e textos recollidos de distintas fontes onde se narra a historia da Guerra Civil e da resistencia na época franquista a través de testemuñas, historias e cancións, apoiadas pola música de Maurice Jarre e as narracións de Madeleine Chapsal que aparecen no filme Mourir a Madrid (1963), aínda que a voz dos narradores non coinciden cos do documental.


Escoitamos cancións de Chicho Sánchez Ferlosio (de Canciones de la Resistencia Española [1963]), Francisco Curto (de La Guerra Civil Española [1973]), Francisco Montaner [de El Crimen fue en Granada [1974]), Elisa Serna (de Quejido [1974]), Margot e Michele L. Straniero (de Canti della Resistenza Spagnola [1965]), Daniel Viglietti (de Canto Libre [1970]), Coro Popular Jabalón (de Cantos de la Resistencia Española [1976]) así como textos, poemas e cancións de Ernst Busch e dos Almanac Singers atopadas no disco Canti della Guerra di Spagna [1968] (aínda que as cancións foron publicadas a finais dos anos 30 e principios dos 40) e cancións da Guerra Civil das gravadas polo selo Le Chant du Monde en 1938 en Barcelona, publicadas na coleción La Voz de España e reeditadas no disco Chants de la Guerre d'Espagne (1963) polo selo Le Chant du Monde.

Escoitamos tamén poemas e textos de César Vallejo, Marcos Ana, León Felipe, Jesús López Pacheco, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Ponte, Vitorino Vidali (Comandante Carlos), Antonio Agraz, Antonio Machado e Miguel Hernández.

DESCARGAR

sábado, 29 de abril de 2017

Canti della Guerra di Spagna (1968)

Compilación de cancións da guerra cívil gravadas nos anos da guerra e publicadas 5 anos antes polo selo Le Chant du Monde, ademais de algunha gravación de . O disco ofrece algunhas cancións inéditas gravadas por un cantante anónimo (que se alguén coñece o nome agradecería moito ese dato) e unha gravación de Miguel Hernández lendo o poema Canción del Esposo Soldado. Publicado polo selo italiano Zodiaco como parte dunha serie de discos dedicados á canción popular española e reeditado en 1971 polo selo Albatros.

Descargar

venres, 1 de novembro de 2013

Canti della Resistenza Europea

Portadas dos discos na edición de Zodiaco (1973)
Publicamos hoxe unha colección de cancións publicadas entre 1963 e 1968 (data que descoñezo) polo selo discográfico DNG de Torino (logo pasaría a chamarse Italia Canta), e reeditado polo selo I dischi dello Zodiaco no ano 1973 (as fotos da entrada son da edición de 1973). Nela atopamos unha serie de cancións da resistenza Europea recopilada por Sergio Liberovici e Michele Straniero, na que atopamos cancións de moitos países, dentro das cancións de España atopamos gravacións de Chicho Sánchez Ferlosio e versións súas feitas por Margot Galante e Michele Straniero. Outros artistas e grupos que participan nas gravacións doutros países son  Peter Wimberger, Anna Marly, Duilio Delprete, Fausto Amodei, Gisela May, Ernst Busch, Mikis Theodorakis, Sergio Liberovici, Mihai Constantin-Lache Gazaru, Magdalena Biriescu.

Descargar