bolsa
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /bol.sa̯/ (AFI)
bolsa (sg: bolsa; pl: bolsas)
- Obxecto de tea, papel ou doutro material, que forma unha cavidade aberta unicamente por arriba, provisto ou non de asas para collelo, e que serve para gardar ou transportar todo tipo de obxectos.
- Exemplo: Teño varias bolsas para o lixo para os diferentes tipos de refugallos.
- Exemplo: Teño varias bolsas para o lixo para os diferentes tipos de refugallos.
- Grupo humano caracterizado por unha situación peculiar con relación aos que o rodean.
- Exemplo: Nos países subdesenvolvidos hai moitas bolsas de pobreza.
- Exemplo: Nos países subdesenvolvidos hai moitas bolsas de pobreza.
- Axuda económica que recibe unha persoa para estudar ou investigar.
- Exemplo: Concedéronme unha bolsa para facer o doutoramento no Instituto Max Plank.
- Exemplo: Concedéronme unha bolsa para facer o doutoramento no Instituto Max Plank.
- (Bioloxía) Membrana que forma a capa interna dun saco cerrado que envolve o embrión dos mamíferos, aves e réptiles.
- Exemplo: A bolsa embrionaria.
- Exemplo: A bolsa embrionaria.
- (Bioloxía) calquera espazo ou cavidade do corpo con forma de saco.
- Exemplo: A bolsa sinovial está no xeonllo.
- Exemplo: A bolsa sinovial está no xeonllo.
- (Xeoloxía) Masa de mineral ou fluído existente nunha cavidade do terreo.
- Exemplo: Unha bolsa de petróleo. As bolsas de auga subterráneas chámanse acuíferos
.
- Exemplo: Unha bolsa de petróleo. As bolsas de auga subterráneas chámanse acuíferos
- (Xeoloxía) Parte dun depósito onde o mineral está reunido con maior abundancia.
- (Exército) Situación na que queda un exército ou unha parte del ao ser completamente rodeado polas forzas inimigas.
- (Deportes) Premio en metálico que recibe o gañador dun combate de boxeo.
- (Deportes) Cantidade que se ofrece aos participantes nalgunhas competicións.
bolsas
- (Anatomía) Cavidades do escroto nas cales se aloxan os testículos.
- Exemplo: Ten unha infección nas bolsas ddo escroto.
- Exemplo: Ten unha infección nas bolsas ddo escroto.
Termos relacionados
a bolsa ou a vida, axente de bolsa, bolsa da compra, bolsa de aire, bolsa de corporais, bolsa de estudos, bolsa de traballo, bolsa de valores, bolsa marsupial, bolsa sinovial.