Saltar ao contido

costeleta

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kos.tɛˈle.ta̝/ (AFI)

Substantivo feminino

costeleta (sg: costeleta; pl: costeletas)

  1. (Alimentación) Peza de carne obtida dun corte transversal do lombo, formada pola propia carne e un fragmento de costela e do corpo vertebral.
    • Exemplo: Entre os dous acabaron cunha fonte de costeletas.

    • Observacións: Reciben diferentes nomes segundo a parte do lombo da que procedan: costeletas de agulla ou de cabezada (procedentes das primeiras vértebras dorsais), costeletas de lombo (procedentes da zona comprendida entre a 5ª e a 13ª vértebra) ou de pau (así chamadas por conservar parte de costela correspondente); e costeletas de solombo ou da rileira (da zona lumbar, que levan unha pequena tallada de solombo).

Termos relacionados

Traducións